|
|
|
|
VIII XORNADAS DO CLUB DE LECTURA |
|
O pasado 5 de xuño ,o IES de ALLARIZ, participou nas VIII XORNADAS DO CLUB DE LECTURA, que se celebraron en Santiago de Compostela.
A coordinadora da biblioteca, representaou ao centro, cunha charla "CLUBS QUE CREAN VÍNCULOS", onde se falaba sobre unha das actividades que máis acollida ten entre o alumnado e profesorado do noso centro: AS TERTULIAS LITERARIAS.
Desde o curso 2009-10, o noso centro, participa nas Tertulias Literarias que organiza o concello de Ourense no Liceo, no 2º e 3º trimestre que consisten na lectura dun libro en galego e outro en castelán e na celebración conxunta de varios centros da Tertulia.
Desde o curso 2011-12 lévanse organizando unhas TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ, que contan con 2 modalidades: presencial e radiofónica, na que o alumnado de 2º ciclo da ESO e Bacharelato, participan de bo grado.
No vindeiro curso queremos facer extensible esta actividade aos colexios de primaria, organizando unha tertulia conxunta para o último ciclo de primaria e o 1º ciclo de secundaria.
Desde o IES, AGRADECEMOS a colaboración do profesorado, alumnado, Concello, asociacións culturais, librarías e en especial a RADIO ALLARIZ que nos permite facer máis atractiva esta actividade.
|
|
|
|
ESTUDO CIENTIFICO DO BOI |
|
No noso centro e aproveitando a "Festa do Boi", o profesor de Ciencias Naturais, Ares, fixo cos seus alumnos un traballo de investigación sobre este animal que se expuxo nos corredores da biblioteca. |
|
|
|
OS MONICREQUES |
|
3 XUÑO
"Representación Teatral do MONICREQUES"
Nesta representación participan alumnos de primaria que representan os distintos gremios e alumnos de secundaria que representan as "Autoridades".
Este ano, por causas alleas á organización, a representación tivo que trasladarse a Alameda.
Posteriormente, os rapaces da vila disfrutaron dunha merenda na "Praza de Abastos".
Felicidades a María, que dirixiu a obra e os profes de primaria de Allariz, en especial Susana e Ana que traballaron moi duramente cos rapaces e tamén a Javier, director e profe de Xunqueira que trouxo os seus rapaces e participaron na festa
|
|
|
|
ROTEIRO DO BOI |
|
LUNS 1 DE XUÑO
"ROTEIRO DO BOI"
O noso alumnado participa en distintos momentos do Roteiro. É salientable a actuación na Praza Maior onde representan como se facía unha "puxa" no século XVIII e logo a súa actuación no castelo.
Para ser o primeiro ano, estivo moi ben. |
|
|
|
PROCESIÓN DO XAN DE ARZÚA |
|
DOMINGO 31 DE MAIO:
"PROCESIÓN DO XAN DE ARZÚA"
O noso alumnado participa no gremio dos "Xograres e Trobadores" durante a procesión.
Pola tarde, despois da comida, presentan unha sobremesa (este ano baseada na "castaña") e unha canción que entran nun concurso.
Aínda que este ano non gañaron ningún premio fixérono moi ben.
Felicidades! |
|
|
|
|
|
|
|
|