|
|
|
ROTEIRO A PÉ DO CLUB DE LECTURA 1º CICLO |
|
O pasado 22 de xuño e como remate de curso, os alumnos do club de lectura do 1º ciclo fixeron un Roteiro a pé desde Allariz ata San Salvador dos Penedos.
Á parte das fermosas paisaxes que atoparon no camiño puideron ver restos de tumbas e coñecer a asociación A.N.D.R.E.A. que está acadando moi bos resultados na práctica da asinoterapia.
Todo isto lles foi explicado por Pilis que ía acompañado de Olga e Felisindo.
Na aldea e como recompensa ao seu esforzo tomaron un bocata e un refresco que os axudou a emprender o camiño de volta.
O punto final da xornada foi a visita ao Festival de Xardíns.Desexamos que o pasaran ben e animamos a todos a que ocntinúen no club de lectura nos vindeiros cursos.
Desde a Biblioteca
Bor verán
|
|
|
|
EXCURSIÓN CLUB DE LECTURA A SANTIAGO |
|
O alumnado do club de lectura de 2º ciclo de ESO e 1º de bacharelato foron o pasado 21 de xuño a Santiago de Compostela como premio ao traballo realizado durante o curso.
As actividades que realizaron foron as seguintes:
-Visita ás Cubertas da Catedral-Roteiro polo Patrimonio da Universidade que incluía a visita á Biblioteca das Américas, a Facultade de Xeografía e Historia (terrazas, biblioteca e Paraninfo).
- Visita á Cidade da Cultura.
Foi un día moi agradable e pasámolo moi ben.
Felicitamos desde a Biblioteca o bo comportamento dos nosos alumnos que deixaron un grande impresión por onde foron pasando.
Queremos saudar tamén a guía do Patrimonio da Universidade, Rosi, que soubo facer da visita un momento moi especial.
|
|
|
|
PREMIADO O TALLER DE VÍDEO CON LUCA |
|
No mes de xuño o noso querido profe Roxelio foi con algúns dos seus alumnos do taller de vídeo "Vagalume" a Valencia e a Cangas para recoller 2 importantes premios que recibiu a curtametraxe.
En Valencia, Federico,alumno de 1º de bacharelato e protagonista de Luca acadou o "Premio á mellor interpretación masculina" no Certame Internacional Cinema Jove de Valencia. Felicidades.
En Cangas o Premio á Mellor Curta de ficción no II Certame Audiovisual do IES Monte Carrasco de Cangas.
Desde a Biblioteca queremso felicitar a todos os alumnos que participan neste taller e de modo moi especial ao profesor que sabe contaxiar o seu entusiasmo non só aos seus alumnos senón tamén ao resto de profesores do centro. Aproveitamos para darlle as grazas pola súa colaboración na biblioteca durante este curso. |
|
|
|