BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

PREMIO AO MELLOR LECTOR DO ANO
O día 21 de xuño o equipo de biblioteca quixo premiar ao alumno IVÁN ROMERO de 1º ESO cun diploma ao "Mellor lector do ano"

O premio(un libro)foi entregado pola directora do centro, Rosa, e os compoñentes da compañía ´"PÍFANO TEATRO"

Ademáis de ser un moi bo lector, este alumno colabora en moitas das actividades que se levan a cabo na biblioteca.

GRACIAS IVÁN POLA TÚA COLABORACIÓN!
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 23-06-2010 06:48
FESTA FINAL PARA O CLUB DE LECTURA
O 21 de xuño, pola tarde, tivemos a oportunidade de coñecer a historia do "teatro" a través dun espectáculo ofrecido pola compañía "PÍFANO TEATRO".

Esta actividade estaba dirixida ao alumnado de 1ºde bacharelato, 4º ESO e club de lectura.

Ao final da representación os alumnos pertencentes ao club de lectura e todos aqueles que dalgún xeito colaboraron ao longo do curso coa biblioteca puideron disfrutar dunha "merendola" no comedor do noso centro ofrecida pola "boa de Belén" que se encarga de animarnos as nosas xornadas con eses deliciosos postres.

Tamén participaron na festa os 2 actores que nos deleitaron coas súas historias...

GRACIAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN>
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 23-06-2010 06:41
O IES ALLARIZ NO "PREMIO SAN CLEMENTE"
O luns, 21 de xuño, 5 alumnas de 2º de Bacharelato do noso centro (Laura, Darlene, Jenifer, Raquel, Olalla) participaron como xurado na XVI EDICIÓN do Premio Literario
ARCEBISPO JUAN DE SAN CLEMENTE
.que se celebrou no "IES Rosalía de Castro" en Santiago de Compostela.

Foron acompañadas polas súas profesoras de Lingua Galega (Belén Barril) e Lingua Castelá (Emilia Quiruelas).

Foi un día moi intenso e a actividade resultou moi ben.

Os libros gañadores foron os seguintes:
LÍNGUA GALEGA
Areaquente de An Alfaya Ed. Sotelo Blanco
LÍNGUA CASTELÁ
El país de la canela de William Ospina Ed. Otra orillai>
LÍNGUA ESTRANXEIRA
El día antes de la felicidad de Erri de Luca Ed. Siruela

Queremos animar a todo o alumnado do noso centro a participar en actividades deste tipo de cara aos vindeiros cursos.
!
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 23-06-2010 06:31
ARTIGO INTERESANTE SOBRE BIBLIOTECAS
Botádelle unha ollada a este artigo sobre bibliotecas.
artigo
OPINAMOS... (0) - Categoría: Novidades - Publica: 03-06-2010 15:46
FESTA DO BOI
O pasado domingo, 30 de maio, celebrouse na nosa vila a tradicional procesión do "Xan de Arzúa", acto que se inclúe nunha serie de actividades lúdicas que teñen lugar dentro da tradicional "Festa do Boi", celebración que nos últimos anos acadou moita importancia dentro e fóra da nosa vila.
Nesta procesión participan activamente alumnos de primaria e de secundaria así como algún dos profesores dos respectivos centros.

CONVIDÁMOSVOS a TODOS a participar nesta festa que dura 1 semana na que todo o mundo aproveitar para visitar a nosa vila e degustar os seus fabulosos manxares.

OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 02-06-2010 21:15
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0