BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA
O alumnado do club de lectura do 1º ciclo tivo un "obradoiro de maxia" o día 25 de abril, dentro das actividades organizadas con motivo do Día do Libro este ano no noso centro.
Foron come coas súas profesoras Olga e María e visitaron o Museo da Moda e do Xoguete de Allariz antes de acudir ao Obradoiro de Maxia na Praza de Abastos.

Foi unha xornada especial da que disfrutaron moito.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 29-05-2017 23:36
ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS
O día 18 de abril, o alumnado de 1º de ESO tiveron un encontro na Casa da Cultura de Allariz, xunto co alumnado do último ciclo de primaria, con Ledicia Costas, que lles falou do libro traballado no 1º trimestre: Escarlatina, a cociñeira defunta.

Foi unha actividade moi interesante e o alumnado disfrutou moito.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 29-05-2017 23:30
VIAXE LITERARIA ANDALUCÍA
O alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato, realizaron este ano unha excursión didáctica con outros centros escolaes (IES Univesidade Laboral de Ourense) e IES de Cerceda, os días 5-8 abril.
O itinerario realizado foi o seguinte:

1ºDía: Extremadura (Valle do Jerte, Plasencia, Cáceres, Mérida).

2º Día: Sevilla (Catedral, Giralda, Alcázar, Parqe de María Luisa, Viaxe polo Guadalquivir)

3º Día: Granada (Barranco de Viznar, Albaicin)

4º Día: Granada(Alhambra e volta )

Foi unha actividade inesquecible para o profesorado e o alumnado.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 29-05-2017 23:22
ENCONTRO CON ALICIA BORRÁS
O día 24 de febreiro, o alumnado de 1º de ESO, puido disfruta do encontro con Alicia Borrás, autora do libro que traballaron no 1º trimestre "Nata y chocolate" que lles gustou moito.
O encontro resultou moi ben, xa que a autora soubo gañar os rapaces coa súa dozura e o seu entusiasmo.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 29-05-2017 23:11
© by Abertal