BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

TERTULIAS LITERARIAS EN GALEGO
O día 26 de maio, algúns alumnos de 1º de bacharelato, 4º e 3º ESO, participaron na "Tertulia Literaria en galego" sobre a obra de Berta Dávila "O derradeiro libro de Emma Olsen".
O noso alumnado, disfrutou desta actividade literaria, compartindo lectura e tradición.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 27-05-2016 11:18
COMEZA A FESTA DO BOI...
Coma todos os anos, o alumnado do noso centro, participa nas diversas actividades culturais que se realizan durante a nosa "Festa do Boi" que este ano comeza o día 21 de maio e remata o 29.
1. Comezamos pola "Procesión do Xan de Arzúa" o día 22 de maio, onde os nosos alumnos forman parte do gremio dos "Trobadores e Xograres".
2. O luns faise un "Roteiro histórico do Boi", percorrido teatralizado en clave humorística.
3. O mércores o alumnado de primaria e secundaria participan na representación teatral en "monicreques" da Festa. Este ano ademais, fíxose unha procesión e unha "batucada" que rematou nunha merenda para repor forzas antes da "Carreira do Boi infantil".
4. O "Pista boi" no que o alumnado de secundaria axuda os rapaces máis novos a buscar pistas pola vila relacionadas co tema da festa.

Este ano ademais, tivemos
a VISITA DO BOI AO INSTITUTO


OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 27-05-2016 11:12
20 de Maio "DÍA DA SOLIDARIEDADE EN ALLARIZ E XUNQUEIRA"
O día 2o de maio de 2016 foi un día moi especial para o noso centro.
Por unha banda, fíxose a despedida do grupo de rapaces de 2º de Bacharelato que se graduaron e quixeron celebralo cos seus profes.
Pero tamén foi un "Día Solidario", de unidade entre os centros escolares de primaria e secundaria de Allariz e Xunqueira de Ambía e tamén doutros centros que participaron na"Entrega de Premios" da 3ª edic ión do "Concurso Falando de Solidariedade" que tivo lugar en Xunqueira de Ambía.
Este ano, ademais das actividades incluidas dentro da Programación da Entrega de premios, os centros escolares decidiron realizar nos seus centros tamén outras actividades relacionadas coa solidariedade, dentro das materias que estudan.
Pola Mañá, dentro do horario lectivo, realizáronse as seguintes actividades no IES:
Así o alumnado de Bacharelato, na materia de filosofía e en coordinación coa Biblioteca e co departamento de Galego, fixo unha sesión de "Contacontos solidaria" na gardería, partindo da adaptación dun conto do libro de Francisco Castro e Fina Casalderrey "O neno can". Sandra, unha alumna de 1º de bacharelato, elaborou uns monicreques e un decorado pàra representar este conto. Os actores foron algúns alumnos de 1º de bacharelato que divertiron coa súa actuación os neniños.
Por outra banda, outro grupo de alumnos de bacharelato e 1 alumna de PMAR, axudados polo profesor de música, Daniel , adaptaron un conto de E.Blanco Amor sobre a emigración para os "maiores da residencia de anciáns", acompañados de música e recitaron un poema de Rosalía de Castro, ademais de cantar cancións novas e vellas . Foi un encontro "interxeracional" precioso que permitiu achegar estas 2 franxas de idade.
O alumnao de PMAR e 2º de ESO asistiron ao encontro con Francisco Castro para falar do libro que traballaron na materia de lingua galega "O neno can".
A xornada conitnuou cunha "Comida compartida" con alumnos do club de lectura do IES Cidade de Antioguía á beira do río en Xunqueira de Ambía.
Pola tarde, realizaron unha visita guiada pola colexiata de Xunqueira e puideron coñecer como funciona o seu órgano. Ademais, tamén asisitiron a unha charla sobre a situación actual dos Campamentos Saharauis.
Finalmente, levouse a cabo a entrega de premios de infantil, primaria e secundaria do Concurso de relato e debuxo, que estiveron acompañados de numerosas actividades de animación á lectura a cargo da actriz Raquel Queizás, a nosa compañeira de galego, Laura Iglesias que ademais de profe é unha estudpenda ilustradora, e o músico Fran Amil que amenizou a tarde os máis cativos.
A xornada rematou cunha "Merenda Solidaria", onde cada un achegaba algo de diñeiro que irá destinadao a fins sociais dos concellos de Allariz e Xunqueira.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 21-05-2016 13:55
TERTULIA LITERARIA EN GALEGO
O vindeiro 26 de maio, alumnos de 3º,4º ESO e 1º de bacharelato, asistirán á tertulia literaria sobre o libro "O derradeiro libro de Emma Olsen" e posterior encontro coa autora Berta Dávila no Liceo de Ourense.
Aquí tedes uns enlace interesante,onde podedes atopar información sobre a autora e o libro.
Tamén podedes consultar esta wiki que elaborou outra profesora.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 21-05-2016 09:52
"FALANDO DE SOLIDARIEDADE"
O 20 de maio, os centros escolares de Allariz (CEIP Padre Feijoo, IES de Allariz) e Xunqueira de Ambía (CEIP Padre Crespo), organizan a Entrega de Premios da 3ª edición do Concurso "Falando de Solidariedade", que este ano ten como temática "Os movementos migratorios".

Este acto terá lugar en Xunqueira a partir das 17:30 da tarde e nel inclúense varias actividades de animación á lectura destinada a rapaces dos distintos niveis educativos (infantil-bacharelato).

Ademais, nos distintos centros pola mañá vanse organizar varias actividades tamén que teñen que ver co tema da solidariedade.

Os alumnos de 1º de bacharelato, van realizar unha sesión de contacontos na gardería e na residencia de anciáns de 11:30-12:30.

Ademais, o alumnado de 2º de ESO e PMAR asistirá ao encontro con Francisco Castro para falar do libro "O neno can" que se traballou durante o 3º trimestre e ten unha temática relacionada cos dereitos da infancia.

OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 19-05-2016 22:38
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0