BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

O ESPANTALLO AMIGO
O día 18 de maio, o alumnado de 1º ESO do noso centro, acudiu, xunto cos rapaces de 4, 5 e 6º de primaria dos colexios de primaria de Xunqueira de Ambía e Allariz a unha representación teatral sobre a obra de Neira Vilas "O espantallo amigo" que nos ofreceu a compañía dos Quinquilláns., na Casa da Cultura de Allariz.
A actividade fíxose en colaboración coa editorial Galaxia e contou co apoio do Concello de Allariz
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 26-05-2015 17:04
CONCURSO FALANDO DE SOLIDARIEDADE
O pasado día 15 de maio, alumnado do noso centro, asistíu xunto con alumnos dos colexios de primaria de Xunqueira e Allariz e outros centros á entrega de premios do II Concurso "Falando de Solidariedade" que tivo lugar na Colexiata de Xunqueira de Ambia.
A entrega de premios fíxose dentro dunha serie de actividades organizadas dentro deste acto:
- Concerto de Najla Shami e Héctor Lorenzo
- Concerto das Maimiñas para os máis pequenos
- Contacontos

OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 26-05-2015 17:01
MES DAS LETRAS GALEGAS
No mes de maio e para conmemorar o Día das Letras Galegas, vanse organizar distintas actividades no noso centro desde a Biblioteca e o Departamento de Galego:

1. O día 15 representantes das comunidades educativas de Xunqueira e Allariz asistirán á Entrega de Premios do "II Concurso "Falando de Solidariedade" organizado polo CEIP Padre Crespo e no que participaron este ano ademais dos colexios de Allariz outros centros (Viana do Bolo, Maceda, Xinzo de Limia...), resultando algún dos alumnos destes centros gañadores ou finalistas.

2. O día 18 o alumnado de 1º de ESO acudirán xunto co alumnado de 4,5 e 6º de primaria a unha representación teatral sobre a obra "O Espantallo amigo" de Neira Vilas.

Estas 2 actividades realízanse conxuntamente entre os colexios de primaria e secundaria de Xunqueira e Allariz.

3. O día 28 de maio, o alumnado de 4º ESO e PDCI irán a unha excursión a Pontevedra-O Grove para visitar o Museo de Pontevedra no que hai unha exposición sobre a Vida e Obra do autor homenaxeado este ano Xosé María Filgueira Valverde e tamén se fará o "Roteiro de Castelao" pola cidade de Pontevedra.
Pola tarde visitaremos O Grove para dar un paseo en Catamarán pola Ría de Arousa.


OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 26-05-2015 15:46
REPRESENTACIÓN TEATRAL SOBRE "EL QUIJOTE"
O día 29 de abril, alumnos de 3º de ESO e 1º de Bacharelato, asistiron a unha representación teatral ao Teatro Principal de Ourense sobre a obra "El Quijote".
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 01-05-2015 11:00
© by Abertal