|
|
|
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO LITERARIO |
|
O 16 de maio, moitos alumnos da ESO e bacharelato, xunto con algúns profesores do centro asistiron á Entrega de Premios do concurso literario "FALANDO DE SOLIDARIEDADE" que organizou o Colexio de Xunqueira de Ambía CEIP PADRE CRESPO e co que colaboraron o noso centro e o colexio de primaria a través das bibliotecas escolares.
Foi un acto literario musical moi fermoso que pretendía ser unha "homenaxe literaria" a todas as persoas que faleceron no fatídico accidente de tren do pasado ano, en especial Celtia e Eva, veciñas de Xunqueira e tamén a aquelas que amosaron a súa parte máis solidaria axudando desinteresadamente.
Tamén foi unha actividade que permitíu unha colaboración entre os 2 centros de primaria e o instituto.
Felicidades a todos os premiados e aos que participaron e tamén aos que colaboraron para que fose posible (pais, concellos de Allariz e Xunqueira....)
|
|
|
|
ADAPTACIÓN EN CLAVE DE HUMOR DUN EPISODIO DO "QUIXOTE" |
|
Este ano quixemos unir no noso centro a celebración do "Día do Libro" (23 de abril) coa das "Letras Galegas" (17 de maio).
Un profesor do Equipo de Biblioteca, Pilis, preparou con 5 alumnos unha adaptación en clave de humor dun episodio do "Quixote" que se representou diante de todo o alumnado do centro a última hora da mañá do 16 de maio. |
|
|
|
LECTURAS NA BIBLIOTECA CON DÍAZ CASTRO |
|
O 16 de maio, durante os 2 recreos da mañá, oa alumnado de diversificación e todos aqueles alumnos que quixeron participar de xeito voluntario, fixéronse unhas lecturas na biblioteca sobre poemas de Xosé María Díaz Castro. |
|
|
|
DÍA DAS LETRAS GALEGAS |
|
No noso centro, quixemos celebrar esta data, realizando diversas actividades, o 16 de maio;
MAÑÁ:
1. Lectura de poemas na biblioteca durante os 2 recreos de poemas de Díaz Castro por parte de alumnos de PDCII.
2. Representación teatral a última hora para todo o alumnado do centro. Trátase dunha adaptación en clave de humor dun episodio do "Quixote" que prepararon os alumnos de 3º ESO, dirixidos por Pilis..
3. Exposición dos traballos realizados polo noso alumnado para o concurso "Falando de Solidariedade" que organiza o colexio de Xunqueira.
TARDE:
Entrega de premios en Xunqueira de Ambaía aos alumnos gañadores e finalistas de 1º, 2º ciclo da ESO e Bacharelato que resultaron gañadores no concurso literario "Falando de Solidariedade" |
|
|
|
TERTULIA SOBRE "El lector de Julio Verne" de Almudena Grandes |
|
O vindeiro martes, 20 de maio, algúns alumnos de 4º ESO e 1º BAC, asistirán a unha tertulia literaria en castelán, que terá lugar no Liceo de Ourense.
A obra sobre a que se vai falar é "El lector de Julio Verne" de Almudena Grandes.
No noso centro, elaboramos un material sobre o libro que podedes consultar na páxina web |
|
|
|
|
|
|