BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

REUNIÓN CLUB DE LECTURA DE PROFES
O pasado 23 de maio, reunímonos na cafetería "A fábrica de Vilanova" en Allariz o club de lectura de profesores para comentar a obra de Anita Nair "El vagón de las mujeres".
A reunión foi moi interesante e felicitamos especialmente a Roxelio por ser o único "valente varón" que segue asistindo puntualmente e achegándonos as súas brillanes ideas.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 27-05-2012 11:16
O IES ALLARIZ EN TELEMIÑO
O noso centro foi convidado pola canle de televisión local "Telemiño" a facer varias reportaxes sobre o traballo de animación á lectura que se está levando a cabo no noso centro.
Estas reportaxes emítense dentro do programa "Leer es un placer" os xoves ás 21:00 (repítese máis días durante a semana).

A primeira reportaxe tratou sobre o Club de Lectura en inglés que Dolores Rodríguez está levando a cabo na materia de 2º idioma en 1º de bacharelato.

A segunda reportaxe trataba sobre a actividade dos clubes de lectura que están desenvolvendo Rebeca Álvarez e María Sánchez co alumnado de 3º e 4º ESO.

A terceira reportaxe foi un especial sobre as Letras Galegas, centrado na visita de Xosé Neira Vilas á nosa vila e ao noso centro.

A última reportaxe foi unha entrevista a Roxelio, que dirixe o taller de vídeo e falou sobre a súa curtamentraxe "Luca".
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 27-05-2012 09:49
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O pasado 16 de maio, no noso centro realizáronse varias actividades para homenaxear a Valentín Paz Andrade .
O alumnado de 1º e 2º ciclo fixeron unha presentación do autor, leron varios manifestos, todo iso con acompañamento musical. Por último presentouse a curtamentraxe realizada neste curso no "Taller de Vídeo", titulada Luca.

Ademais, no corredor do centro colocáronse varios carteis sobre o autor e tamén traballos realizados polo propio alumnado.

O mesmo día, os alumnos de 1º ESO participaron no Correlingua.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 27-05-2012 09:41
TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ
O pasado 14 de maio inauguráronse as "TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ", actividade na que participaron 5 centros do contorno (Maceda, Xinzo de Limia, Celanova e Allariz).
Realizáronse as seguintes actividades:
1. Encontro de clubes de lectura e "Tertulias" no Fogar dos Maiores, onde contamos coa presenza de persoas maiores que viñeron explicar a experiencia vivida neses anos; a concelleira de educación de Ourense, Ana Garrido, que foi convidada a este acto como agradecemento ao traballo realizado co noso alumnado en Ourense.

2. Encontro co autor, Xosé Neira Vilas na "Casa da Cultura" do concello, onde acudiron os clubes de lectura convidados e o noso alumnado de 2º, 3º, 4º ESO.

3. Visita ao IES de Allariz de X.Neira Vilas e encontro co alumnado de 1º ESO e 1º Bacharelato.

4. Comida dos coordinadores dos clubes de lectura, as autoridades do concello e o autor no "Fogar dos Maiores."

5. Visita ao "Festival dos Xardíns" dos clubes de lectura.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 27-05-2012 09:36
MOSTRA DE CINE DE VIGO
"O abrigo de Marta" e "Luca", as 2 curtametraxes que se realizaron no noso centro dentro do "Taller de Vídeo" nos 2 últimos cursos, foron seleccionados para a súa proxección na Mostra de Cine Xuvenil de Vigo que se celebrará o 25 de maio
Ademáis Luca quere compartir con todos a satisfación de ter sido seleccionado no prestixioso Certame Internacional de Cine de Valencia

Luca vos convida a un pequeno paseo pola historia da súa vida. Se queredes podedes velo neste enlace
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 21-05-2012 09:34
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0