|
|
|
TERTULIAS LITERARIAS EN CASTELÁN |
|
Hoxe, 12 de maio,algúns alumnos de 4º ESO e 1º Bacharelato asistiron á tertulia literaria en castelán sobre a obra de Ángeles Caso, Contra el viento.
Saímos ás 14:30 de Allariz e regresamos ás 19:00.
Foi unha tarde chea de sorpresas xa que cando iamos de cara ao autobús, atopamos o antigo profe de relixión, o noso querido Forneiro, ao que os rapaces adoran.
A tertulia resultou moi proveitosa. Reflexionamos sobre un montón de aspectos interesantes e permitiunos poder compartir un tempo cos compañeiros doutros centros: IES Lagoa de Antela, IES Cidade de Antioquía, IES Xesús Ferro Couselo...
Moitas grazas ao profesorado e alumnado participante... |
|
|
|
PREMIO SAN CLEMENTE |
|
O pasado 2 de maio, 3 exalumnas do noso centro (Raquel Pérez, Jenifer Bretaña e Andrea Blanco), xunto con 2 profes (Emilia e Belén) asistiron á entrega do Premio San Clemente que organiza o instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
Parece ser que foi unha experiencia única e moi emocionante.
Queremos felicitalas desde a biblioteca e tamén animar ao resto do alumnado a participar en actividades deste tipo que seguro fomentan o amor polos libros. |
|
|
|
ENTREGA DE PREMIOS MINISAGAS |
|
O pasado 23 de abril, dentro da Semana do Libro Galego, o concello de Allariz fixo entrega dos premios aos gañadores do concurso de minisagas.
Debido a que algúns alumnos estaban de excursión en Francia, un dos gañadores non puido asistir.
Aproveitamos o encontro de clubes de lectura do 2 de maio para celebrar este acto.
O lugar escollido foi a libraría "Aira das Letras" que participou de maneira activa tamén nesta semana do libro.
Felicidades Anabel! |
|
|
|
ENCONTRO DE CLUBES DE LECTURA EN ALLARIZ |
|
O pasado 2 de maio, tivo lugar en Allariz un encontro de 3 clubes de lectura: Guntín, Universidade Laboral e Allariz.
Realizáronse varias actividades ao redor da festa máis emblemática da nosa vila: "A Festa do Boi" que este ano se vai celebrar durante o mes de xuño (18-26 xuño).
Nesta actividade participaron profes do IES, membros da Asociación "Xan de Arzúa" e representantes do concello. Cada un ofreceulle un agasallo (amendoados, libros e xogo da "carreira do boi") aos convidados.
Desde aquí dámoslle as grazas a Mar Gil, Pilar, Pilis... e todos os que fixeron posible esta actividade. |
|
|
|
SEMANA DO LIBRO GALEGO EN ALLARIZ |
|
Durante a Semana Santa, celebrouse en Allariz a Semana do Libro Galego.
O noso alumnado participou nesta actividade a través dun concurso de "Minisagas".
Tamén aproveitamos para mercar algún libro sobre banda deseñada para o noso club de lectura que incluía unha dedicatoria personalizada. |
|
|
|
|
|
|