|
|
|
CARTOLINAS DAS LETRAS EN VÍDEO |
|
Unha profesora do centro compuxo un vídeo con todos os carteis elaborados para o concurso das "Letras Galegas".
Para velos debedes visitar a sección de Lingua galega na nosa páxina web |
|
|
|
CONCURSO DE CARTEIS LETRAS GALEGAS |
|
O alumnado do noso centro participou nun concurso de carteis sobre a figura de "UXIO NOVONEYRA".
Houbo 2 carteis gañadores por cada ciclo e 2 2º premios.
Os carteis expuxéronse nos corredores do centro. O día 28 de maio fíxose entrega na BIBLIOTECA dos premios: un lote de libros para cada un dos grupos gañadores. |
|
|
|
LETRAS GALEGAS 2010 |
|
Dentro das actividades que organizou o Departamento de Lingua Galega e o ENDL podemos destacar a visita do fillo de Uxío Novoneyra.
Os alumnos de 1º de Bacharelato recibírono facendo unha homena xe ao seu pai:
|
|
|
|
CORRELINGUA 2010 |
|
O día 14 de maio o noso centro participou, como todos os anos no "Correlingua" . A actividade desenvolveuse en horario de 12:30 a 13:30.
Os rapaces sairon do centro e percorreron as rúas da vila. Logo foron á Casa da Cultura onde un profesor do centro leu un "Manifesto a prol da Lingua galega". Finalmente houbo unha actuación dun paiaso que deu fin á actividade. |
|
|
|
EXPOSICIÓN ALEXANDRE BÓVEDA NO CENTRO |
|
Durante a 1ª quincena de maio, nos corredores do noso centro realizouse unha exposición sobre a figura de Alexandre Bóveda, gran galeguista.
Este material proporcionóunolo a Asociación Amencer do colexio Salesiano de Ourense. |
|
|
|
|
|
|