BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

O día 20 de abril, o alumnado do club de lectura de 1º e 2º ESO puideron disfrutar dunha xornada lúdica, acompañados das súas profesoras Olga, Carme e María, como recompensa ao traballo realizado durante o curso.

A xornada comezou cunha comida campestre á beira do Museo do Coiro, que resultou moi agradable pola boa temperatura. Logo, foron de visita ao Museo da Moda, onde ademais de aprender a historia do tecido en Allariz, puideron convertirse en "modelos" por un día, desfilando na pasarela. Finalmente, e despois, de disfrutar duns sabrosos xelados, asistiron a un obradoiro de Maxia con Mago Víctor Noir na Casa da Cultura.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 21-04-2018 08:26
8 DE MARZO "DÍA DA MULLER TRABALLADORA"
O día 8 de marzo, este ano celebrouse dun xeito especial no noso centro. Un grupo de alumnas fixeron carteis, poemas e outros traballos que se levaron á rúa aproveitando a "folga feminista".
O noso centro participou de xeito activo.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 10-04-2018 16:04
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 24 de febreiro, no noso centro fíxose unha exposición na Biblioteca da obra da autora e tamén se decoraron poemas que foron expostos polos corredores do centro.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 10-04-2018 16:01
ASISTENCIA AO TEATRO 1º BACHILLERATO
O día 31 de xaneiro, o alumnado de 1º de bacharelato asistíu á representación teatral "La Vida es sueño" de Calderón de la Barca.
Foi unha actividade moi divertida e os alumnos puideron disfrutar dun clásico adaptado.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 10-04-2018 15:59
TERTULIA LITERARIA EN GALEGO "IZAN O DA SACA"
O día 1 de febreiro, algúns alumnos de 1º e 2º de bacharelato participaron nunha tertulia literaria en galego, sobre a obra de Xabier Quiroga Izan o da Saca, xunto con outros centros do contorno. Finalmente, produciuse o encontro co autor.7
Esta actividade fíxose no Liceo de Ourense e o alumnado disfrutou e participou moi activamente.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 10-04-2018 15:49
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0