BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

QUEDADA LITERARIA CO CLUB DE LECTURA DO ROSAL
O día 27 de abril, o alumnado pertencente ao Club de lectura do CEIP O Rosal, viñeron de visita a Allariz.
Pola mañá, puideron coñecer Santa Mariña de Augas Santas
Pola tarde, visitaron Allariz, acompañados do noso alumnado do club de lectura e colaborador da biblioteca e tamén de PMAR, e dos profes, Sergio, Laura e María.
Esta visita foi especial, xa que comezou cunha comida compartida na Acearrica e os guías foron os nosos rapaces que ían interactuando cos visitantes, compartindo poemas e traballos feitos en ambos centros sobre a obra de Manuel María.
Un día inesquecible para os dous centros.
Desde o Rosal enviáronnos 2 vídeos moi fermosos que explica como foi a xornada.

Mil grazas aos rapaces e profes que nos acompañaron e nos fixeron disfrutar antes e despois da súa presenza e do seu traballo.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 29-04-2016 08:39
EXCURSIÓN RELIXIÓN 18 E 25 ABRIL
Este ano, a temática da solidariedade, na que estamos traballando desde a Biblioteca, manifestouse dun xeito especial na excursión que a nosa profe de Relixión, Rebeca, organizou para todo o alumnado do centro os días 18 (1º ciclo de ESO) e 25 (2ªciclo e Bacharelato) de abril.
Esta saída estivo cargada de emocións, sobre todo porque puidemos disfrutar do visionada da curtametraxe "Máis que vida" de Rubén Rios unha experiencia que dificilmente vai esquecer o noso alumnado.
Ademais, realizáronse outras actividades relacionadas coa solidariedade como a visita ás dependencias da Cruz Vermella de Ourense, onde se lle explicou como funciona esta organización e o programa de voluntariado que levan a cabo.
Finalmente, visitamos AIXIÑA, onde os rapaces, puideron xogar ao "Bocia" con persoas discapacitadas que lle amosaron as súas "capacidades" e lle transmitiron as súas ganas de vivir.

Foron 2 días especiais que tardaremos en esquecer
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 29-04-2016 08:34
CHARLA CON ALFONSO MASCUÑANA BORDAS SOBRE A SITUACIÓN DOS REFUXIADOS
O pasado día 15 de abril, venres, na vila de Allariz, organizouse unha actividade conxunta entre os >centros escolares de primaria, a libraría Aira das Letras, o concello de Allariz e a Asociación Allariz c@s refuxiad@s .
Esta actividade consitíu nunha charla de Alfonso Mascuñana Bordas, profesor de filosofía xubilado e que acaba de chegar da Illa de Lesbos onde estivo como voluntario durante 5 semanas.
De forma totalmente solidaria, ofreceuse a vir aos centros escolares e ao Fogar do Maior, dar unha charla sobre a súa experiencia.
Ademais, algúns alumnos de bacharelato, fixéronlle unha entrevista en Radio Allariz na que tamén estivo presente o noso compañeiro Pilis, profesor de francés, recén xubilado e tamén o representante en Galicia da Asociación Alhambra Internacional, Francisco Rodríguez.
A actividade organizouse do seguinte xeito:

1. Charla para os rapaces de primaria: 10:30-11:30
2. Charla para os rapaces do instituto: 13:20-14:10.
3. Entrevista en Radio Allariz: 17:00-18:00
4. Charla aberta ao público no Fogar de Maior: 20:00.


Grazas a tod#s os que participastes e fixestes posible esta actividade.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 17-04-2016 13:33
SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE PROFES
O día 14 de abril, os profesores que pertencen ao club de lectura, reuníronse para comentar a obra de Antón Riveiro Coello Os elefantes de Sokurov.
A reunión fíxose ao redor dun delicioso xantar na Fábrica de Vilanova.
Resultou unha agradable sesión sobre todo porque se notou un incremento no profesorado pertencente ao club que case se duplicou.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 14-04-2016 23:53
VISITA Á VILA DE ALLARIZ
O día 13 de abril, o alumnado de 2º ESO fixeron un percorrido pola vila de Allariz, acompañados por varios profesores do IES e guiados por Ramiro, que dun xeito moi lúdico lles foi explicando ao alumnado como era a estrutura da vila medieval e os lugares máis destacados de Allariz.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 14-04-2016 23:48
1 [2] [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0