BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

PRESENTACIÓN DE "AS BANDEIRAS DE GALIZA"
X.M.Barbosa, presentou onte, 23 de abril, no noso centro o seu libro "As Bandeiras de Galiza".
A esta presentación acudiron os alumnos de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
O autor, profse
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 24-04-2012 22:08
23 DE ABRIL 2012 DÍA DO LIBRO
Onte no IES de Allariz, alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato fixeron unha lectura dun fragmento da obra de Cervantes "El Quijote" en 8 idiomas (castelán, galego, inglés, francés, portugués, italiano, catalán e alemán).
O noso querido Pilis soubo preparar a estes rapaces, caracterizándos de época.

Grazas a tod@s por esta actividade tan "especial"
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 24-04-2012 22:02
ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2011-2012
O pasado 20 de abril celebrouse en Santiago de Compostela o Encontro de Bibliotecas Escolares 2011-2012.
A responsable da biblioteca acudiu como representante do noso centro e hai que dicir que como todos os anos foi unha experiencia moi enriquecedora. Da gusto atopar xente tan animada a seguir traballando "nestes duros tempos".
Todos os materiais que se expuxeron tanto na xornada do día 20 como do día 19 atópanse no seguinte enlace. Pódese acceder como convidado. Alí tamén se atopan materiais do ano anterior e tamén das Xornadas do Club de lectura que seguro nos son de moita axuda.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 22-04-2012 09:50
TERTULIA NO LICEO 19 ABRIL
O 19 de abril, o alumnado do noso IES acudiu ao Liceo de Ourense á tertulia literaria sobre o libro de Lorenzo Silva, "La estrategia del agua", xunto con outros institutos da cidade (IES O COUTO) e doutras vilas (Xinzo de Limia: IES CIDADE DE ANTIOQUÍA e IES LAGOA DE ANTELA)

A tertulia resultou moi ben. Houbo moita participación e tratáronse temas de actualidad como a "custodia compartida", "a corrupción na política", "a violencia de xénero" e outros que resultaron de moito interese.

Esperamos poder seguir participando neste tipo de actividades nos vindeiros cursos.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 19-04-2012 20:25
PRETERTULIAS NA BIBLIOTECA
O pasado 16 de abril, os alumnos de 4º ESO e 1º Bacharelato, reuníronse na biblioteca do centro coas súas coordinadoras para comentar o libro "La estrategia del agua" de Lorenzo Silva, libro escollido para traballar na tertulia de castelán que se celebrou o 19 de abril no Liceo de Ourense.

A actividade resultou todo un éxito.
Grazas a todos pola colaboración
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 19-04-2012 20:20
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0