BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

ACTIVIDADES RELACIONADAS CO DÍA DO LIBRO
Neste mes de abril, imos organizar unha serie de actividades antes e despois da Pascua para homenaxear o Día do Libro.

En primeiro lugar, imos participar na "Semana do libro" que organiza o concello de Allariz durante a Semana Santa.

O noso alumnado participa nun concurso de "MINISAGAS" e tamén nun concurso de "Debuxo sobre Humor Gráfico"


Durante este tempo haberá visitas á vila de autores como Pepe Carreiro (martes, 19), obras de teatro, contacontos ....Ademáis do concello participan nestas actividades outras entidades da vila como a libraría "Aira das Letras", coa que colaboramos estreitamente.

15 ABRIL

Despedimos as clases cunha serie de actividades ao redor do debuxo e o cómic:

-Visita a unha exposición de debuxo sobre natureza na Fundación Vicente Risco de Allariz para todo o alumnado de 1º ciclo.

- Proxección na biblioteca dun vídeo sobre "A historieta galega".

28 ABRIL

- Excursión a Vigo para os colaboradores da biblioteca e os membros dos clubes de lectura. Acompáñanos o club de lectura do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia. O itinerario será o seguinte:

.Visita Verbum
. Visita Museo do Mar
. Viaxe en barco Vigo-Cangas e realización dunha actividade escolar.


29 ABRIL

- Taller de animación á lectura para o alumnado de 1º ESO e 4º ESO sobre as obras que se van ler neste trimestre: "La leyenda del Cid" e "La Ratonera"
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 14-04-2011 07:36
ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2011
O pasado 8 de abril, celebrouse en Santiago un Encontro de Bibliotecas Escolares aos que asistimos todos os centros que estamos incluidos no PLAMBE.
Desde o noso IES queremos agradecer a posibilidade de ter participado nestas xornadas e felicitamos as organizadoras, Cristina e Pilar xa que sen o seu esforzo non sería posible disfrutar destes momentos reconfortantes que son un premio ao traballo que estamos realizando desde as nosas bibliotecas.
É impresionante ver como a xente traballa e os resultados que se están acadando en todas as bibliotecas.
Á parte das charlas e dos materiais que coñecemos, quixera destacar que esta experiencia sérvenos para atoparnos con moita xente que coñecemos e coa que colaboramos durante o ano. Para min, iso é unha das cousas máis importantes deste traballo que estou realizando: as boas relacións persoais que se acaban por crear entre os bibliotecarios, coordinadores de clubs de lectura...e en xeral entre todas as persoas que partillamos o "GUSTO POLOS LIBROS E A LECTURA"


María (responsable da biblioteca
)
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 14-04-2011 07:24
CHARLA NO IES SOBRE INDUMENTARIA MEDIEVAL
Despois desta visita á Escola de Deseño, un profesor impartiu unha charla moi interesante sobre a "Indumentaria Medieval". Esta actividade está enfocada á formación dun gremio de alumnos que participe na festa máis emblemática da nosa vila, A Festa do Boi que este ano se celebra a finais de Xuño.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 03-04-2011 11:11
VISITA ESCOLA DE DESEÑO
Os nosos alumnos, realizaron o pasado 28 de marzo unha visita ás instalacións da ESCOLA DE DESEÑO, de Paciños, como unha actividade que se inclúe dentro do Departamento de Orientación.
Alí puideron achegarse de forma práctica ao traballo que se realiza neste ciclo formativo de grado superior, único na provincia.
Hai que dicir que disfrutaron moitísimo...
Animamos a todos os que lle guste o deseño que visiten a escola.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 03-04-2011 11:04
XORNADAS DEDICADAS Á MULLER
O concello de Allariz dedica unhas xornadas á muller desde o 10 ata o 25 de marzo.
O noso centro quixo facerlle tamén unha homenaxe, realizando diversas actividades:

- Proxección de "curtametraxes", durante a semana do 14-18 de marzo, cedidas polo coordinador do Festival Internacional de Cine independente de Ourense.

- Realización dun "charrúa", disfraz típico de Allariz, e exposición do mesmo o 8 de marzo, coincindo co día da celebración.

- Dramatización "VIVIR OU NON VIVIR", realizada polo alumnado de 4º ESO e dirixida polo profesor Pilis.

OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 03-04-2011 10:57
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0