BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

XOGO DO AMIGO INVISIBLE DIA DO LIBRO
O equipo de biblioteca, animado pola profesora de grego do noso centro, organizou unha actividade "XOGO DO AMIGO INVISIBLE" que consitía nun intercambio de libros. En principio ía dirixido só ao profesorado pero tamén se apuntaron os alumnos de 1º de bacharelato.
O mellor de todo foi ver aos participantes con cara de "neno con zapatos novos", a medida que ían abrindo os seus regaliños.
A verdade é que funcionou moi ben e pódese repetir outro ano.
A TODOS, GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 24-04-2010 09:42
REPRESENTACION TEATRAL DIA DO LIBRO
No noso centro organizamos varias actividades para conmemorar esta data tan significativa sempre, pero sobre todo Neste ano xa que se celebra o "Ano da Lectura".
O titor de 2º B, membro do equipo de biblioteca, preparou co seu alumnado unha representación teatral orixinal e que deixou,sen dúbida, unha fonda pegada en todos nós, sobre o significado e a importancia que teñen os libros, no ser humano para ir conformando o noso pensamento e a nosa maneira de vivir. O mérito foi demostrarlle a todo o centro que todo o mundo pode conseguir o que se propón con esforzo e traballo.
Partindo dunha expresión que figura nos corredores do centro: "OS LIBROS ENSINÁRONME A PENSAR E O PENSAMENTO FÍXOME LIBRE", este profesor e este grupo de alumnos, fíxeronnos vibrar a todos e reflexionar por un intre sobre o importante que é PENSAR, sobre todo nestes tempos tan difíciles para a LECTURA.


GRACIAS PILIS POLO TEU FABULOSO TRABALLO
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 24-04-2010 09:28
TERTULIAS LITERARIAS
O 14 de abril, algúns alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato participaron na Tertulia Literaria en castelán que tivo lugar no Liceo de Ourense.
A obra que se leu foi Zara y el librero de Bagdad de Fernando Marías e tivo moi boa acollida entre todos os partipantes.
Os nosos alumnos asistiron a esta tertulia acompañados de alumnos doutros centros do contorno(IES LAGOA DE ANTELA e IES CIDADE DE ANTIOQUÍA de Xinzo de Limia).
Foi unha xornada moi agradable na que ademáis de falar de libros,puidemos compartir moitas outras cousas:
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 23-04-2010 23:50
DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
No noso centro quixemos celebrar o Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil organizando uns talleres de animación á lectura durante os días 9 e 13 de abril. Aproveitamos esta conmemoración para convidar aos alumnos de 6º de primaria do colexio "Padre Feijoo" de Allariz a que visitasen a nosa biblioteca e compartisen esta actividade:

GRAZAS A SUSANA, responsable da biblioteca do colexio de primaria e o seu equipo directivo por participar na actividade
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 23-04-2010 23:43
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0