BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

LIBROS EXPURGADOS
Na biblioteca do instituto, durante o curso 2008-2009, levouse a cabo un labor de "Expurgo" dos fondos, coa finalidade de actualizar o material. Os libros expurgados expuxéronse durante todo o mes de abril "Mes do libro" nos corredores do centro para que toda a comunidade escolar puidese levalos á casa, antes de seren reciclados:

OPINAMOS... (0) - Categoría: Exposicións - Publica: 28-04-2009 09:21
SEMANA DO LIBRO NO IES ALLARIZ
Durante a Semana do 20-24 abril realizáronse no I.E.S. ALLARIZ unha serie de actividades de Animación á lectura:

O día 20 de abril contamos coa presenza do escritor galego Miguel Anxo Murado que ofreceu unha charla para os alumnos de 3º da ESO e 1º Bacharelato:

O día 22 de abril, os alumnos de 4º de diversificación foron a Radio Allariz para realizar un programa especial sobre "A biblioteca e o Clube de lectura":

O día 23 de abril, Día do Libro, realizáronse nas 2 últimas horas da mañá as seguintes actividades:

- Recital Poético do alumnado de 2º ciclo da ESO e 1º Bacharelato.
- Campionato de Xogos Populares

O día 24 de abril, o alumnado de 3º ESO tivo un Taller de Animación á Lectura, organizado en colaboración coa editorial Vicens-Vives.

Aquí podedes ver unha pequena mostra, do que fixemos:



OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 28-04-2009 08:46
Os Maios
O xoves 29 de abril as 11:30 terá lugar a Festa dos Maios no instituto.
Avisarase ó alumnado participante.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 27-04-2009 13:59
Semana do Libro
O programa de actividades que temos previsto é o seguinte:
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 22-04-2009 10:53
DÍA DA BIBLIOTECA
Para conmemorar o Día da Biblioteca, no I.E.S. de Allariz organizáronse varias actividades:

O día 23 de outubro, os alumnos de 4º de ESO e 3º Diversificación, visitaron a Biblioteca Social INTEGRATEX da vila para ver unha exposición "Vidas Hilvanadas" sobre a inmigración:




Posteriormente á visita, fíxose na biblioteca unha exposición dos traballos realizados polo alumnado sobre a "Emigración e Inmigración".


O día 24 de outubro os alumnos de 1º ESO asistiron a un obradoiro de 50 minutos de ?Graffiti e letras?,a cargo do ilustrador Anxo Fariñas, que se inclúe nun programa de Animación á lectura organizado por distintas editoriais (neste caso é A Nosa Terra) en colaboración cos concellos galegos coa finalidade de dinamizar o uso do galego desde unha perspectiva creativa.







OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 16-04-2009 17:22
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0