BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

24 FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O venres, 24 de febreiro, quixemos darlle unha homenaxe á nosa gran autora, Rosalía de Castro.
O alumnado elaborou uns traballos que combinaban o debuxo e a poesía, que foron expostos nos corredores do centro e tamén na biblioteca.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 24-02-2017 10:02
CELEBRANDO O SAN VALENTÍN
Este ano, o departamento de Francés, organizou unha actividade en coordinación cos outros departamentos de linguas, Plástica e a Biblioteca que resultou moi atractiva para o alumnado.
Tratábase de pór 3 siluetas representativas de 3 tipos de parellas (homosexuais, heterosexuais) e nelas os alumnos debían colocar mensaxes de amor en distintos idiomas.
É un xeito de concienciar ao alumnado no respecto e a igualdade.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 24-02-2017 09:55
TERTULIAS LITERARIAS EN OURENSE
O día 1 de febreiro, varios alumnos de 3º, 4º de ESO e 1º de bacharelato asistiron á tertulia literaria en galego sobre a obra "As horas roubadas" de María Solar, xunto con outros centros do noso contorno.
Puideron ademais disfrutar do Encontro coa Autora no Liceo.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 24-02-2017 09:53
30 XANEIRO DÍA DA PAZ
Este ano, o día 30 de xaneiro todos os alumnos do noso centro, traballaron cos seus titores un Manifesto sobre a Paz que estaba cheo de boas reflexións.
Esperemos que as apliquen ao futuro.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 01-02-2017 12:02
REUNION CLUB DE LECTURA
O día 19 de xaneiro, levouse a cabo a 1ª reunión do club de lectura de profesores que se achegaron á obra "Una voz escondida" de Parinoush Saniee.
A reunión fíxose ao redor dun "chocolate" na cafetería "Cándido" de Ourense e a ela asistiron case todos os integrantes do club.
Foi unha tarde moi agradable xa que o libro tratado deu moito de si e tocáronse moitos temas.

OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 01-02-2017 12:01
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0