|
|
|
|
ENTROIDO 2016 |
|
O día 16 de febreiro, o alumnado de 3º de ESO asistíu a unha charla sobre o "Entroido" que resultou de grande interese.
O ponente foi Miguel Losada, da Sociedade Antropolóxica Galega SAGA.
O alumnado de PMAR está realizando un traballo sobre o Entroido nas diferentes partes do mundo, en concreto Bolivia, polo que esta charla seguro que foi de especial interese para eles.
|
|
|
|
SAN VALENTÍN 2016 |
|
Para celebrarmos o día de "San Valentín", desde o Departamento de Linguas propúxoselle aos alumnos buscar "poemas de amor" de autores clásicos que logo decoraron e foron expostos no corredor.
Ademais, na Biblioteca fíxose unha exposición de libros relacionada co "amor". |
|
|
|
DIÁ DA PAZ 2016 |
|
No noso centro quixemos celebrar o Día da Paz, realizando distintas actividades:
1. Ao longo da semana do 25-29 xaneiro fixéronse "Lecturas sobre a Paz" durante a hora de ler, nas distintas aulas.
2. Exposición de traballos realizados polos alumnos nas distintas materias.
3. Elaboración de "pombas" na clase de plástica por parte do alumnado de 1º de ESO que foron empregadas para facer o "xesto pola paz" o día 29 de xaneiro durante o 2º recreo no patio (lectura de manifestos e cancións pola paz)
4. Adorno da Biblioteca con pombas.
5. Exposición de libros relacionados coa "Paz e a guerra". |
|
|
|
|
|