|
|
|
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE PROFESORES |
|
O pasado 20 de febrero, reunímonos ao redor dunha sabrosa comida, o grupo de profes que formamos parte do club de lectura.
Comentouse a obra de Raymond Carver "Quieres hacer el favor de callarte, por favor".
Foron momentos interesantantes onde se falou de literatura e que permitíu poder coñecernos mellor.
Propúxose como seguinte lectura a obra de Alice Munro, premio nobel de literatura 2013 |
|
|
|
AGASALLA CUN POEMA DE AMOR NO DÍA DE SAN VALENTÍN |
|
O alumnado do centro participou nunha actividade organizada desde a Biblioteca en colaboración cos departamentos de linguas que consistíu nunha exposición de poemas de amor de diferentes autores.
De cada poema fixéronse varias copias e expuxéronse para que os alumnos os puidesen ler e logo meter nun sobre para agasarlla o día 14 a quen eles quixeran.
No 2º recreo os "axudantes da biblioteca" pasaron polas clases repartindo os agasallos.
Foi unha actividade que tivo moito éxito.
|
|
|
|
TERTULIAS LITERARIAS EN OURENSE |
|
O pasado día 13 de febrero, algún alumnos de 4º ESO e 1º de bacharelato asitiron a una tertulia literaria no Liceo de Ourense sobre a obra "A Faneca Brava" de Manuel Portas.
intercambiar opinión co alumnado de Xinzo dos institutos IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía e tamén cos alumnos do IES de Maceda.
Logo, asistiron con outros centros da cidade ao encontró con Manuel Portas.
Foi una experiencia enriquecedora e na que cada ano os alumnos disfrutan |
|
|
|
14 FEBREIRO, DÍA DE SAN VALENTÍN |
|
O vindeiro 14 de febreiro, no noso centro queremos celebrar o Día de San Valentín" agasallando ás persoas que queremos cun "Poema de Amor" famoso da literatura.
Ademais haberá durante os recreos na biblioteca unha proxección sobre a vida de San Valentín que irá acompañada de famosas imaxes e baladas de amor ao longo da historia.
Este traballo está realizado polos los alumnos colaboradores da biblioteca que se estrearon este ano o "Día da Paz" e que prometen...
Grazas tamén a todo o resto do alumnado que colaborou en actividades relacionadas con este día.
|
|
|
|