BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

TERTULIAS LITERARIAS EN CASTELÁN
O pasado 7 de abril, algúns alumnos de 4º ESO e 1º de bacharelato participaron nas Tertulias Literarias do Liceo de Ourense sobre a obra de Rosa Montero "Lágrimas en la lluvia".
Además do IES de Allariz, a elas asistiron outros centros do contorno, neste caso, o IES Lagoa de Antela e o IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia.
Foi unha xornada moi proveitosa xa que se debateron moitos temas do libro e tamén da nosa actualidade.
Esperamos que o alumnado se anime a participar nas seguintes tertulias que se celebrarán o día 17 de abril e a obra escollida foi "Febre" de Héctor Carré.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 08-02-2013 18:45
REUNIÓN CLUB DE LECTURA DE PROFES
O pasado xoves, b>31 de xaneiro, o club de profes do IES reunímonos na "Fábrica" de Vilanova para comentar a obra "Tardes con Margueritte".Foi unha sesión cargada de moitas emocións.
O libro levounos a facer unha reflexión sobre a nosa profesión de docentes.
Rimos, choramos...e, en definitiva disfrutamos desta fabulosa obra.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 06-02-2013 10:05
VISITA DE LIMAM BOISHA
O día 28 de xaneiro, o escritor saharahui, Limam Boisha, autor de "Ritos de Jaima", deu unha charla na biblioteca do noso centro ao alumnado de 2º de Bacharelato.
O escritor veu acompañado de Luisa que tamén nos explicou en que consistía o proxecto "Bubisher".´
A través das palabras destas 2 persoas, puidemos coñecer un pouco máis a realidade do Sahara. Limam tamén nos falou da súa experiencia no Sahara, Cuba, España...
Agradecémoslle a Natalia e María Bobillo,que foron as organizadoras da actividade, poder disfrutar da compañía destas 2 persoas que seguro nos aportaron moito tanto ao alumnado como ao profesorado.
Alumnos e profesores participaron activamente, recitando versos e tamén tomaron contacto con elementos descoñecidos da súa cultura.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 01-02-2013 09:13
SEMANA DA PAZ: RECITAL NA BIBLIOTECA
O día 30 de xaneiro, na Biblioteca, o alumnado de 2º ESO (AE) ofreceulle un recital ao grupo de 4º ESO B, acompañado de 2 profesoras (Manuela e Natalia).
Escolléronse 3 poemas: "Poema Nuclear", e "Digo Vietnam" de Celso Emilio Ferreiro e "Paz! de Rosalía de Castro.
A actividade resultou un éxito.
Ademais foron por algunhas clases, onde entraron sen avisar o que sorprendeu moito aos outros alumnos.

Desde a Biblioteca dámoslle as grazas ao traballo dos alumnos e profes que fan posible que se leven a cabo estas actividades.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 01-02-2013 09:07
SEMANA DA PAZ: "CAL É O TEU XESTO DE PAZ?
0 profesorado e alumnado do noso centro tamén realizou unha actividade de concienciación, partindo dunhas fotos onde cada un amosaba o seu xesto de paz.
A partir destas fotos, houbo moitos sorriso, abrazos, bico...
Merecu a pena.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 01-02-2013 09:02
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0