|
|
|
HOMENAXE A MAELOC |
|
Aproveitando a visita de Manel Cráneo, quixemos facerlle unha pequena homenaxe a un alumno do centro que colabora constantemente coa biblioteca.
O seu nome é MAELOC. É un alumno de 1º B de ESO que ten un don especial para o debuxo.
Quixemos que coñecese a unha persoa que tamén comezou cando era novo para que o animase a seguir traballando para perfeccionar ese don natural.
Pensamos que o mellor regalo que pode ter unha persoa é coñecer a alguén que fai o mesmo. Por iso, o convidamos a asistir á charla da que disfrutou moito.
Animamos a Maeloc e a outros alumnos que teñan este ou outros dons a que traballen para mellorar.
Ao mellor nun futuro poden ser eles os que nos visiten para amosarnos o traballo realizado.
GRACIÑAS MAELOC POLA TÚA COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA. |
|
|
|
EXPOSICIÓN DE CÓMIC NA BIBLIOTECA |
|
Con motivo da visita ao noso centro o pasado 18 de febreiro de Manel Cráneo,autor de Os lboos de Moeche ,
podedes disfrutar na nosa biblioteca dunha exposición sobre "Cómic" galego e estranxeiro.
Agradecemos á libraría "Aira das Letras" o empréstimo dos libros, sen os que non sería posible ofrecer esta variedade.
|
|
|
|
MANEL CRÁNEO E OS LOBOS DE MOECHE |
|
O pasado venres, 18 de febreiro, visitou o noso centro, Manel Cráneo, autor da novela gráfica Os lobos de Moeche
A sesión foi moi productiva xa que Manel falou como editor, ilustrador e autor, explicándolle ao alumnado o proceso da realización dun cómic desde o inicio ata á súa publicación.
Esta visita foi posible grazas á colaboración da libraría "Aira das Letras",que se encargou de xestionar o encontro.
Desde a biblioteca do IES agradecémoslle este xesto. |
|
|
|
OS LOBOS DE MOECHE |
|
Se queres disfrutar dunha boa tarde, PÁSATE pola libraría "Aira das Letras" |
|
|
|
OS LOBOS DE MOECHE NO CLUB DE LECTURA 1º CICLO |
|
O vindeiro, 18 de febreiro, os alumnos de 2º da ESO que pertencen ao Club de lectura poderán disfrutar dunha actividade de animación á lectura a cargo da editorial DEMO. Manoel Cráneo falaranos das súas publicacións.
Velaí vai un avance:
|
|
|
|
|
|
|