|
|
|
|
"MATRIARCAS" de GUADI GALEGO |
|
O día 1 de decembro, coincidindo coa celebración do Día da SIDA, o noso profesor de música, Daniel, en coordinación co seu alumnado, fixeron unha preciosa homenaxe as mullleres, cantando unha emotiva canción durante o 2º recreo: "Matriarcas" de Guadi Galego
Ademais, alumnas de diversos cursos expuxeron unhas pancartas que elaboraron durante esta semana, coa axuda da profesora de plástica, Basilisa Álvarez.
|
|
|
|
TERTULIA LITERARIA EN ALLARIZ |
|
O día 29 de novembro, celebráronse as Tertulias Literarias en Allariz. Este ano a obra elixida foi "A ferida no vento" de Antón Riveiro Coello.
A estas tertulias acudiron alumnos de varios centros do contorno de Allariz: IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia, IES Carlos Casares de Viana do Bolo, IES Otero Pedraio e Universidade Laboral de Ourense.
A actividade foi un éxito total. |
|
|
|
OBRA TEATRAL: "CANDO VALENTINA ERA MALA·" |
|
O día 27 de novembro, o alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato, asistiron a unha representación teatral "Cando Valentina era mala" organizado polo grupo das "Silvardeiras", na Casa da Cultura de Allariz.
Esta actividade, complementa outras que se están levando a cabo no centro con motivo da celebración o día 25 de novembro do "Día en contra da violencia de xénero". |
|
|
|
|
|