BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ
O día 1 de decembro, algúns alumnos de 1º de bacharelato e 4º ESO, asistiron á Tertulia Literaria sobre a obra de Inma López Silva "Aqueles días en que eramos malas", xunto con outros alumnos procedentes de varios centros escolares (IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia, IES Maceda, IES de Viana do Bolo, Universidade Laboral de Ourense).
Houbo, coma sempre, unha tertulia radiofónica onde participaron 1 alumno de cada centro escolar, acompañado dun profesor e unha tertulia presencial na que participaron todos os alumnos e a propia autora.

Ademais, pola mañá, no noso instituto houbo un "Encontro coa autora" que lles falou aos alumnos de 2º de bacharelato da súa obra "Memoria de Cidades sen luz", lectura obrigatoria neste trimestre.

Grazas a todos pola participación.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 02-12-2016 09:47
© by Abertal