BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

CAMPAÑA DE NADAL 2015
Como tódolos anos comeza a CAMPAÑA DE NADAL que durará desde o 10 de decembro ata o 8 de xaneiro.
dirixida á toda a comunidade educativa.

LEMBRADE:

-PÓDENSE LEVAR ATA 5 LIBROS DURANTE ESE PERIODO DE TEMPO.

-NA BIBLIOTECA HABERÁ UNHA EXPOSICIÓN DE NOVIDADES E OBRAS DE> INTERESE.


OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 15-12-2015 09:02
PRESENTACIÓN CALENDARIO SOLIDARIO AXUNICA
Como tódolos anos, o alumnado de 1º ciclo da ESO participou na elaboración do CALENDARIO SOLIDARIO AXUNICA, guiados pola nosa compañeira Olga, que desde hai 30 anos colabora cos seus alumnos nesta causa.
O debuxo elixido do noso centro foi realizado por un alumno de PDCII, IÑAKI RIVERO.
Este ano ademais dedícase a "Manuel María", autor homenaxedado nas Letras Galegas e que aparece tamén no calendario.
Quíxose lembrar tamén o desastre ocorrido en Francia, cunha imaxe en homenaxe ás víctimas.
Desde a Biblioteca queremos felicitar tanto ao alumnado coma o profesorado que colabora neste proxecto polo seu traballo e dedicación.

Grazas a todos aqueles alumnos que se comprometen a vender o calendario para recadar fondos para esta causa.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 15-12-2015 08:56
REUNIÓN CLUB DE LECTURA 2º CICLO ESO
Os alumnos do club de lectura de 2º ciclo de ESO reuníronse coa súa profe Sandra para comentar as obras que leron durante este trimestre sobre literatura fantástica.
Aproveitaron a presentación da obra "O mundo secreto de Basilius Hoffman" e tamén a exposición sobre literatura fantástica que estivo no centro durante o mes de novembro.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 15-12-2015 08:51
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0