BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

OS CLUBS DE LECTURA ESTÁN NAS TIC
Como din por aí: "Se non vai Mahoma á montaña, terá que ir a montaña a Mahoma".
Pois ben, como o noso alumnado está moi ao día coas novas tecnoloxías, decidimos "modernizarnos" tamén os coordinadores dos clubs de lecturaXa dispomos de FACEBOOK e TUENTI.
Se queredes ver o que facemos, os nosos enderezos son:

Para os clubs de lectura de alumnos:

TUENTI:Aloumiño Ies Allariz

Para os clubs de lectura de profes:

FACEBOOK: Dorna de Papel (club de lectura de profes do Ies Allariz)
OPINAMOS... (1) - Categoría: Actividades - Publica: 23-12-2011 08:11
O CLUB DE LECTURA CELEBRA O NADAL
Os membros do club de lectura de 4º ESO fixeron a súa última reunión do ano no "recuncho de lectura" da biblioteca, esta vez rodeados de luces e adornos navideños.
Despois de Exogamia 0.3 de Ramón Caride, o libro escollido nesta ocasión foi unha historia chea de tenrura sobre un profesor de música que despois de moitos anos de sufrir o síndrome de "estar queimado" no ensino, por fin atopa un alumno que lle fai recuperar a ilusión por esta profesión.
Trátase do libro titulado "O profesor de Música" que vos recomendamos para calquera club de lectura ou tamén como unha boa lectura de Nadal.
OPINAMOS... (1) - Categoría: Actividades - Publica: 23-12-2011 08:02
A BIBLIOTECA VÍSTESE DE NADAL
Para conmemorar estas datas na nosa biblioteca fíxose unha "Campaña de Nadal" como todos os anos e unha exposición de Novidades para que o alumnado puidese disfrutar durante as vacacións.
Este ano ademáis e grazas á colaboración de Manel, un gran compañeiro do centro que sempre está disposto a botar unha man, a biblioteca estivo adornada cunha fermosa árbore de Nadal.
O alumnado disfrutou do "recuncho da lectura" arroupado polas luces do Nadal.

Desde aquí desexámosvos a todos un
BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2012
OPINAMOS... (1) - Categoría: Actividades - Publica: 23-12-2011 07:55
TERTULIAS: FUTURO IMPERFECTO
No mes de xaneiro algúns alumnos de 4º ESO e 1º Bacharelato van asistir a unhas tertulias literarias que se van celebrar no Liceo de Ourense.
A obra escollida foi "Futuro Imperfecto"de Xulia Alonso

Se queres saber algo máis desta obra podes consultar a guía de lectura que preparou Dolores, profe de inglés no noso centro:

Futuro Imperfecto. Xulia Alonso

.Importancia do tratamento do tempo.

Por que cres que titulou a novela: Futuro Imperfecto? Con que tempo empeza o primeiro capítulo?
Por que cres que se retrotrae ao pasado ao comenzo da novela?
Cando se empeza a falar do futuro, a que altura do libro?

·Tratamento do espazo.

Descripción das dúas avoas en relación coas casa nas que viven.
Cres que ten algo que ver o sitio no que viven coa súa personalidade?
Como se presenta Santiago na novela?
Ademáis dun espazo xeográfico é tamén un espazo metafórico, por que?
Busca citas no texto que corroboren esta idea.

Tratamento das personaxes

Dos personaxes femininos cal che parece o máis importante e por que?
Como se describe a nai da protagonista e como percibe esta o rol que tivo a súa nai no seo da familia?

Outros aspectos

Hai un momento na novela na que se cambia ao castelán. Cal é o efecto que se pretende conseguir con iso?
Pretende facer o problema das drogas algo universal que vai máis aló do microcosmos galego?

Non todos os capítulos comenzan cunha cita. Por que?
Escolle algunha das citas que encabezan os capítulos e explica por que che parece axeitada.

A novela pode considerarse unha catarse, por que?

Que relación podes encontrar entre esta novela e os MEMORY BOOKS africanos?

Cres que a novela ten unha intención moralizante? Se é así, cal é a moralexa final?

Que metáfora das que se emprega para referirse á Heroína che sorprendeu máis e por que?





OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 20-12-2011 22:55
PREMIO BENTO SPINOZA
O pasado 23 de novembro, fallouse o premio de ensaio BENTO SPINOZA 2011.Por circunstancias alleas a elas, non puideron asistir as 2 alumnas de 2ª de bacharelato que participaron no pasado curso.
En representación do centro foron Ares e María que disfrutaron dunha charla agradable por parte do autor de Viaje al cerebro, libro premiado. O autor firmoulle un exemplar que está na biblioteca do centro para quen o queira ler.
Despois, asistiron a unha fabulosa cea no Hostal dos Reis Católicos onde puideron intercambiar opinións cos profesores do restos dos institutos participantes.
Desde a Biblioteca damos grazas á organización pola acollida.

OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 06-12-2011 10:09
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0