|
|
|
|
25 de NOVEMBRO NO IES DE ALLARIZ |
|
O Alumnado do IES de Allariz quixo facer unha homenaxe a todas as persoas que sofren maltrato, a través de distintas actividades:
1 O alumnado de 4º ESO escribiu cartas baixo o título "Dillo a quen maltrata" co obxectivo de "reeducar" no Bo trato.
2. O alumnado de 1º de bacharelato elaboraron 2 manifestos sobre o "Amor" e os "Bos tratos" que se leron ás 12:00 en cada unha das aulas e tamén na praza do Concello, xunto con outras entidades locais.
Desde a Biblioteca esperamos que con estas e outras accións se reduza esta "lacra" social. |
|
|
|
INMA LÓPEZ SILVA NAS TERTULIAS LITERARIAS DE ALLARIZ |
|
Este ano, o libro escollido para as Tertulias Literarias de Allariz, foi Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva.
Esta actividade terá lugar o día 24 de novembro no edificio da Radio e nela participarán varios centros escolares (IES Lagoa de Antela, IES Cidade de Antioquía, IES de Maceda, IES de Viana do Bolo, IES de Bande, Universidade Laboral de Ourense e IES de Allariz).
A temática do libro está moi relacionada co Día da Violencia de Xénero.
Pola mañá, haberá un encontro da autora co alumnado de 2º de Bacharelato, que están lendo a súa obra Memoria de Cidades sen luz.
Pola tarde, levarase a cabo a Tertulia, na que participarán alumnos de todos os centros, que previamente van compartir o xantar, xunto co profesorado.
Se queredes máis información da autora, podedes consutar esta páxina |
|
|
|
OBRADOIRO SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO |
|
Os días 7 e 14 de novembro, o alumnado de 1º de bacharelato, participará nun obradoiro, organizado polo Concello de Allariz, sobre a "Educación no respeto", con motivo da celebración o 25 de novembro, do día en contra da violencia de xénero.
O resultado destes obradoiros serán 2 Manifestos, que os alumnos lerán o día 25 na praza do concello, xunto con outras entidades locais. |
|
|
|
SEMANA DO SAMAÍN E BIBLIOTECA |
|
Este ano quixemos xuntar o Día da Biblioteca (24 de outubro) co Samaín (1 novembro).
Para iso, o alumnado de 2º de ESO elaborou unha serie de epitafios que serviron para adornar a biblioteca.
Ademais, tamén se fixo unha exposición de libros sobre a obra de Castelao e tamén de literatura de misterio e fantástica para animar aos nosos alumnos á lectura deste tipo de literatura.
Nos corredores houbo unha exposición sobre a obra de Mary Shelley, Frankestein, que nos cedeu un centro de Bueu, e sobre a que traballaremos nas materias de Lingua Castelá e Literatura Universal durante o mes de novembro.
|
|
|
|
SAMAÍN CON LEDICIA COSTAS |
|
O venres, 4 de novembro, o alumnado de 1º de ESO, animados pola súa profesora de Lingua Galega, Eva, quixeron agasallarnos cunhas deliciosas "sobremesas", que fixeron partindo das receitas do libro de Ledicia Costas "Escarlatina, a cociñeira defunta", lectura obrigatoria neste 1º trimestre.
Todo o alumnado e profesorado do centro, puideron degustar o froito do seu traballo, durante os 2 recreos da mañá.
Grazas ao alumnado e á profesora que fixeron posible esta actividade. |
|
|
|
|
|