|
|
|
HOMENAXE A XOSÉ NEIRA VILAS |
|
O pasado 27 de novembro, faleceu un dos grandes da literatura galega: XÓSE NÉIRA VILAS
No IES de Allariz, tivemos a sorte de contar coa súa presenza hai 3 anos, cando veu inaugurar unha nova actividade que comezamos a desenvolver a través do club de lectura.
Apadriñou as nosas "Tertulias Literarias" co seu libro máis emblemático "Memorias dun neno labrego".
Hoxe queremos rendirlle unha homenaxe no noso centro a través dunha exposición da súa numerosa obra, na nosa biblioteca. |
|
|
|
ENCONTRO e TERTULIA LITERARIA CON MANUEL NÚÑEZ SINGALA |
|
O día 19 de novembro, no IES de Allariz, o alumnado de 1º de bacharelato e 3º, 4º ESO, acudirán ao encontro con Manuel Núñez Singala
que terá lugar na Biblioteca do centro.
Os libros que se van analizar son lecturas traballadas polo alumnado na materia de Lingua e Literatura Galega:
En galego por que non?2009
Mar de fondo 1997
O encontro farase no seguinte horario:
10:30-11:20: 1º Bacharelato/PMAR
11:20:12:10: 3º ESO
12:30-13:20: 4º ESO
Pola tarde, terá lugar en RADIO ALLARIZ, unha TERTULIA LITERARIA sobre o seu libro "Instrucións para tomar café".
Nesta actividade, participan ademais 5 centros do contorno (Maceda, 2 de Xinzo de Limia, Bande e Viana do Bolo). |
|
|
|
EXPOSICIÓN DE LIBROS DE LITERATURA FANTÁSTICA EN GALEGO |
|
Durante o mes de novembro, haberá unha exposición de libros en galego na biblioteca sobre Literatura Fantástica para que o alumnado e o profesorado poida ter un contacto con este tipo de material.
Traballarase ademais nos clubs de lectura a literatura fantástica coa obra, O mundo secreto de Basilius Hoffman |
|
|
|
EXPOSICIÓN SOBRE LITERATURA FANTÁSTICA |
|
Ao longo do mes de novembro, nos corredores do centro, fronte á biblioteca, vai estar colgada unha exposición sobre "Literatura Fantástica en galego" que nos ofreceu a editorial URCO.
|
|
|
|
CHARLA SOBRE A SOLIDARIEDADE NOS CENTROS DE ENSINO |
|
O día 9 de novembro, o Doctor Manuel Garrido Valenzuela impartíu varias charlas nos centros escolares de primaria de Allariz e Xunqueira de Ambía así como no noso instituto.
As charlas desenvolvéronse na seguinte orde:
10.30-11:30: Casa da Cultura. CEIP Padre Feijoo
12:30_ 13:30: Colexio CEIP Padre Crespo.
16:00-17:40: IES Allariz
Estas charlas supuxeron o punto de partida do proxecto que se pretende desenvolver sobre Bolivia e a Solidariedade nos distintos centros escolares. |
|
|
|