|
|
|
TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ CON FRANCISCO CASTRO |
|
O vindeiro 26 de novembro, vaise levar a cabo na "Casa da Mocidade" a tertulia literaria sobre a obra de Francisco Castro, "O corazón de Branca de Neve".
A esta actividade,que se realiza en coordinación co concello de Allariz, acudirán varios institutos dos arredores (Maceda, Xinzo de Limia, Bande...)
|
|
|
|
DÍA 25 DE NOVEMBRO: EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO |
|
No IES de Allariz, queremos facerlle unha homenaxe a todas as mulleres que sofren violencia de xénero.
O alumnado de 2º e 4º de ESO realizaron unha actividade moi bonita na materia de Educación para a Cidadanía e Ética que consistíu en facer "Corazóns con mensaxes en contra da violencia de xénero" ademais de fermosas flores cargadas de mensaxes de ánimo que mañá lerán na Biblioteca durante o 1º recreo e logo trasladaranse á praza do Concello onde participarán nunha lectura colectiva xunto con outras persoas da vila. |
|
|
|
VISITA DE RICARDO GÓMEZ |
|
Hoxe, o alumnado de 3º e 4º de ESO puideron disfrutar da compañía de Ricardo Gómez.
O encontro resultou moi interesante. O alumnado interactuou moi ben co autor e aprenderon moitas cousas novas.
Desde o IES dámoslle as grazas ao autor pola súa presenza e amabilidade.
|
|
|
|
ENCONTRO CON RICARDO GÓMEZ |
|
O vindeiro 12 de novembro, o alumnado de 3º e 4º ESO asistirán a un encontro co escritor Ricardo Gómez, autor de entre outras obras, "El cazador de Estrellas" (centrado no mundo do Sahara) e "Juegos, inocentes juegos", (centrado no mundo dos videoxogos) que foron as lecturas obrigatorias en lingua castelá neste 1º trimestre. |
|
|
|
EXCURSIÓN A CELANOVA SECUNDARIA-PRIMARIA |
|
Neste curso, organizouse unha excursión conxunta entre os colexios de primaria e secundaria para conmemorar a Semana da Biblioteca.
O obxectivo era que o alumnado de 2º ESO e 6º primaria tivese unha xornada de convivencia á vez que visitaban a fermosa biblioteca de Celanova, a Casa dos Poetas, o Mosteiro e Vilanova dos Infantes.
Foi unha xornada entretida e moi productiva. |
|
|
|
|
|
|