BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

TERTULIAS LITERARIAS CON SANTIAGO LOPO
O pasado 27 de novembro, o alumnado de 2º de bacharelato asistíu a un encontró con Santiago Lopo no centro para falar sobre a súa obra "Hora Zulú".
Pola tarde, organizouse una tertulia literaria na que participaron alumnos de Allariz, Maceda e Xinzo.Este ano ademais quixemos innovar e fixemos una tertulia radiofónica na que participaron algúns rapaces e o propio autor. Simultáneamente levouse a cabo outra tertulia na que participaron o resto do alumnado.
Foi todo un éxito e agradecémoslle a participación aos centros que fixeron posible esta actividade.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 30-11-2013 22:58
"CARTAS DE AMOR"
O pasado 11 de novembro, o alumnado de 2º ESO asistíu a unha charla sobre "Violencia de Xénero" que partíu dunha exposición "CARTAS DE AMOR" que estivo no centro durante 15 días e que se traballou nas titorías.
O taller foi moi animado e aprenderon moitas cousas.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 30-11-2013 22:40
EXITO TOTAL DE MIGUEL ANGEL ALONSO
O día 8 de novembro, Miguel Ángel Alonso, estivo no noso centro e deu unha charla moi interesante sobre o seu libro "A nena á que non deixaban ser feliz"
Participaron varios : 2º ESO .. 4º diversificación...
Ademais de falarnos do libro, os rapaces puideron aprender un montón de cousas das reflexións tan interesantes que lles ofreceu o autor.
Grazas ás profes que colaboraron para que esta actividade fose posible.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 30-11-2013 22:33
OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA
O vindeiro venres, 8 de novembro, Miguel Ángel Alonso Diz, visitará a nosa vila e o seu contorno para realizar tres obradoiros de animación á lectura, dous pola mañá en Allariz e outro pola tarde en Xunqueira de Ambia.
O primeiro taller será no cole de primaria de 9:30 a 10:30 e outro no instituto de 11:20 a 12:10 sobre o seu libro "A nena á que non deixaban ser feliz" que ilustrou Luz Beloso.
O autor irá xantar a Xunqueira de Ambia, convidado polo colexio de primaria e pola tarde dará outro taller de animación á lectura aos rapaces de infantil e primaria do cole sobre este libro e o "Cullarapo Croque".

Esperemos que se sinta agusto con nós e que os rapaces aproveiten estes talleres e disfruten da presenza do autor.
OPINAMOS... (4) - Categoría: Actividades - Publica: 05-11-2013 21:45
O SAMAÍN: PREMIO Á MELLOR CABAZA
O Departamento de inglés organizou un concurso de "cabazas" que estiveron expostas na biblioteca durante a Semana dedicada á Biblioteca e ao Samaín.
O día 25 de outubro entregóuselle o premio ao gañador.
Fíxose este día porque un grupo de alumnos de 2º ESO marchaban ese domingo a Soria para realizar un programa de inmersión lingüística do que por certo disfrutaron moito.
O gañador foi un rapaz de 2º ESO A, chamado Iñaki, que recibiu un diploma e tamén un libro como "Agasallo".
Alejandro
, un alumno de 1º ESO preparou xunto coa súa nai unha sobremesa que serviu como aperitivo a todos os que asistiron á entrega do premio.

Grazas aos dous por participar e Felicidades ao gañador por esa maña que ten para decorar as cabazas.

Iñaki e Alejandro demostraron ser dous artistas.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 05-11-2013 21:27
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0