BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

TERTULIA LITERARIA "LUME DE COBIZA"
O luns, 19 de novembro, 4 clubes de lectura da nosa bisbarra (Maceda, Xinzo, Allariz) reuníronse na vila de Allariz, para desenvolver unha "Tertulia literaria" sobre a obra de Miguel Anxo Fernández, LUME DE COBIZA.
O lugar escollido para a tertulia foi o centro social a onde asistiu o autor para presentarse diante do alumnado.
Posteriormente foron todos, xunto co alumnado de 1º de bacharelato do IES de Allariz á Casa da Cultura onde o autor ofreceu unha fantástica charla sobre a súa obra partindo de preguntas previamente elaboradas polo alumnado.
Pola tarde, algúns dos clubes (Xinzo) visitaron a Fundación Vicente Risco.
Foi un día estupendo onde ademáis de falar de literatura o alumnado e profesorado puido intercambiar impresións sobre múltiples temas.
Agardamos seguir con esta actividade o vindeiro curso.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 21-11-2012 16:33
TERTULIA LITERARIA
O 19 de novembro, vai ter lugar na nosa vila o encontro de 4 clubes de lectura (Maceda, Xinzo de 2 centros, Allariz) para levar a cabo unha tertulia literaria sobre a obra "Lume de Cobiza" de Miguel Anxo Fernández.
A tertulia vaise realizar en coordinación co concello que pon á nosa disposición os espazos (Centro Social e Casa da Cultura) e tamén coa Fundación Vicente Risco que ofrecerá unha visita aos centros visitantes.
A programación desta actividade será a seguinte:
10:30-12:00: tertulia literaria
12:30-13:30. Encontro co autor no que ademáis dos 4 clubes de lectura participará o noso alumnado de 1º de bacharelato que tiveron esta obra como lectura obrigatoria neste 1º trimestre.
15:30-16:30. Visita Fundación Vicente Risco
Esperamos que o autor disfrute deste encontro co noso alumnado.
gl.wikipedia.org/wiki/Miguel_Anxo_Fernández
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 19-11-2012 00:11
OBRA DE TEATRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O pasado martes, 13 de novembro, a compañía de tetro "Chévere" ofreceu un espectáculo musical moi entretido e interesante para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato.
Tratábase dun alegato contra a violencia de xénero partindo dunha escenificación baseada en como se representa a muller na "canción comercial".
Os nosos alumnos disfrutaron e divertíronse moitísimo.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 19-11-2012 00:02
CONCURSO DE
O alumnado de inglés de 3º de ESO fixeron un "Concurso de Cabazas" que se expuxeron na biblioteca.
Esta actividade tivo moito éxito. O alumnado do centro foi votando durante a última semana de outubro aquelas cabazas que lle parecían máis orixinais.
O 1º premio foi para Camila Chávez e houbo un "accésit" para Maeloc.
Felicidades!
OPINAMOS... (1) - Categoría: Actividades - Publica: 02-11-2012 08:28
SAMAÍN 2012
Este ano a biblioteca quixo celebrar o "Samaín" vestíndose para a ocasión e tamén facendo unha exposición de libros de temática de terror e misterio.
Algún alumnos do "Taller de teatro" fixeron unhas lecturas dramatizadas durante os 2 recreos do día 31 de outubro.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 02-11-2012 08:24
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0