BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

25 NOVEMBRO
Hoxe, 25 de novembro, celébrase o "DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO", ese mal da nosa sociedade que, desgraciadamente, cada vez se da máis, a pesar das campañas que se dan para evitalo.
Desde a educación, temos o deber de formar os nosos alumnos para que o día de mañá sexan persoas de ben e non protagonicen ningún episodio deste tipo.
Nós quixemos pór o noso gran de area realizando as seguintes actividades:

- Proxección na biblioteca da curtametraxe "Nosotras" e tamén da película "Fois une femme" que nos proporcionou o "Festival de cine independente" de Ourense.

- Presentación do libro
"Madeira de mulher" da autora lucense Adela Figueroa.

A partir deste encontro o alumnado de 4º ESO ofreceulle a autora un pequeno musical.

Foi todo un éxito e todos disfrutamos.
Esperamos ter posto o noso pequeno gran...

OPINAMOS... (1) - Categoría: Actividades - Publica: 25-11-2011 21:48
25 de NOVEMBRO:
Este venres, 25 de novembro, celébrase o "Día en contra da violencia de xénero".
No noso centro vanse facer distintas actividades tanto nas aulas (traballos que serán expostos nos corredores) como nas titorías (carteis, visionado de películas).Ademáis contamos con Adela Figueroa que vai presentar o seu libro de contos "MADEIRA DE MULHER" ao alumnado de 4º ESO.
Pola tarde, presentará o libro en "Aira das Letras".
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 23-11-2011 07:30
PRESENTACIÓN DE CABANA DE BALIEIROS de TOKIO
O pasado venres, 18 de novembro, visitou o noso centro o autor de "Cabana de Balieiros", que ademáis de presentar o cómic ao noso alumnado, ofreceulle unha charla moi interesante sobre animais mariños tan interesantes como as baleas e os golfiños, nos que Tokio, que tamén é biólogo é un grande especialista.
Foi un momento estupendo e o alumnado aprendeu moitas cousas.

Moitas grazas e esperamos poder contar contigo de novo TOKIO.

OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 21-11-2011 23:51
EL MUNDO SOBRE RUEDAS
Acaba de chegar á nosa biblioteca "Un mundo sobre ruedas" de Albert Casals, un libro moi interesante que nos achega ao mundo da discapacidade desde outro punto de vista.
Se queredes coñecer ao autor podedes ver a entrevista que Fuenafuente lle fixo no seu programa nesta ligazón
OPINAMOS... (1) - Categoría: Actividades - Publica: 02-11-2011 06:42
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0