BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

PROXECTO "FALANDO DE SOLIDARIEDADE"
O vindeiro 29 de outubro,, ás 20:00 H preséntase no Fogar do Maior, o Proxecto "Falando de Solidariedade" no que participan varios centros escolares: CEIP Padre Feijoo de Allariz, CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, IES Cidade de Antioquía e IES de Allariz.
Esta actividade faise coa colaboración do concello de Allariz e outras entidades locais.

Este proxecto iníciase cunha charla a cargo do doctor Manuel Garrido Valenzuela sobre o traballo que leva realizando desde hai varios anos en Bolivia e que supón o punto de partida do proxecto que se vai desenvolver en diferentes centros durante este curso escolar.

O obxectivo é traballar co noso alumnado a "solidariedade" en todos os ámbitos, realizando traballos de investigación e actividades de distinto tipo ao longo do ano que lles permita ir conciencíandose da realidade do mundo que os rodea e os axude a ser mellor persoas, obxectivo clave da educación.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 28-10-2015 08:44
DÍA DA BIBLIOTECA: "MEMORIAS DUN NENO LABREGO"
O pasado 23 de outubro e, dentro das actividades que se organizaron para conmemorar o "Día da Biblioteca", o alumnado de 1º, 2º ESO, asistíu á Casa da Cultura do Concello de Allariz, para ver a adaptación que Cándido Pazó fixo da famosa obra de Neira Vilas "Memorias dun neno labrego".
A esta actividades tamén asistiron os alumnos de 5º e 6ª de primaria do colexio CEIP Padre Feijoo de Allariz.

Foi unha actividade compartida que disfrutaron moito.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 28-10-2015 08:37
EXCURSIÓN A SANTOMÉ E OSEIRA
O día 21 de outubro e dentro das actividades que estamos organizando polo mes da Biblioteca, o alumnado de 3º ESO, acompañados de Manuela e María, realizaron as seguintes actividades:

1. Visita ao castro de Santomé, onde puideron disfrutar da natureza e aprender cousas sobre a cultura castrexa.

2. Obradoiro sobre "O Segredo dos Franciscanos" que se levou a cabo no Arquivo Histórico de Ourense e lles permitiu facer un percorrido pola historia desta orde na cidade de Ourense.

3. Visita ao Mosteiro de Oseira, onde ademais de poder contemplar a marabillosa arquitectura do mosteiro puideron ver a súa fermosa "Biblioteca".
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 22-10-2015 00:08
EXCURSIÓN A CELANOVA
O pasado 14 de outubro, o alumnado de 2º de ESO do IES de Allariz, compartíu unha xornada de convivencia en Celanova co alumnado de 6º de primaria do CEIP Padre Feijoo.
Xuntos visitaron Vilanova dos Infantes, O Mosteiro de Celanova, a Biblioteca do IES, a Casa dos Poetas e Castromao.
Ademais tanto o alumnado como o profesorado compartiron un xantar na Alameda da Vila.
Esta é unha das actividades que se propoñen desde a Biblioteca como un intercambio de experiencias entre primaria e secundaria que polo de agora está dando bos resultados.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 20-10-2015 08:34
MES DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA
Durante o mes de outubro, no noso centro organízanse unha serie de actividades para conmemorar que o día 24 se celebra o "Día da Biblioteca".

Neste curso a nosa planificación para este mes é a seguinte:

-Día 14 de outubro: "Excursión a Celanova" co alumnado de 2º ESO para facer unha xornada de convivencia co alumnado de 6º primaria e visitar: Casa dos Poetas, Mosteiro, Biblioteca do IES de Celanova, Castromao.

- Día 21 de outubro: "Excursión didáctica a Oseira e o castro de Santomé" co alumnado de 3º ESO.

- Día 23 de outubro: Asistencia á representación teatral sobre "Memorias dun neno labrego" a cargo de Cándido Pazó, actividade organizada polo Concello de Allariz e na que participan alumnos de 5º E 6º de primaria e 1º e 2º de ESO así como o alumnado de PMAR e PDCII

- Semana do 26-29 de outubro: Visita á biblioteca do alumnado de 1º ESO para explicarlle o seu funcionamento e entregarlle os carnés de biblioteca.

- Organización do Equipo de Colaboradores da Biblioteca co alumnado novo que chega ao centro.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 19-10-2015 23:13
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0