BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

SEMANA DO MEDO NO IES DE ALLARIZ
Este ano queremos xuntar 2 conmemoracións: o día da Biblioteca, o vindeiro 24 de outubro e o día do Samaín, o 30 de outubro.
O equipo de biblioteca organizou 2 semanas dedicadas ao tema do medo.

A primeira semana proxectaranse na biblioteca curtametraxes de medo, durante os recreos:

Violeta

Calaverita:

La leyenda del espantapájaros:

El cuervo:


Vincent


La dama y la muerte

Una historia de amor (cuento gótico)

Na segunda semana faranse lecturas dramatizadas na biblioteca en diferentes idiomas (galego, castelán, inglés e francés).
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 20-10-2013 22:14
VISITA INTERXERACIONAL AO MUSEO DA MODA
Desde a Biblioteca animouse aos profesores de Relixión e Estudo Dirixido a facer unha actividade co seu alumnado de 4º ESO, dentro da Semana dedicada ao Maior que celebra o noso concello na primeira semana de outubro.
Tratábase de facer unha visita interxeracional ao "Museo da Moda" que se inaugurou este ano na nosa vila.
Os maiores e rapaces disfrutaron dunha xornada xuntos, e puideron aprender moitas cousas uns dos outros.

Grazas ao Fogar do Maior.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 20-10-2013 21:56
16 OUTUBRO: RECITAL DE POESÍA
O día 16 de outubro, Ignacio Díaz, poeta e narrador arxentino veu ao noso centro por iniciativa da bibliotecaria, quen aceptou de bo grado o ofrecemento que lle fixo o Círculo Poético de Ourense, co que colabora a miúdo.
Tivo un encontro co alumnado de 4º ESO que participaron de forma activa lendo unhas fermosas "Cartas de amor" que escribiran eles mesmos.
Tamén o alumnado de 2º ESO disfrutou das súas palabras e dos seus bos consellos.

Esperamos volver poder compartir con el algún momento no futuro.

Grazas Ignacio e ata sempre
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 20-10-2013 21:51
5 OUTUBRO RECITAL POÉTICO
O pasado 5 de outubro, o alumnado de 2º ESO (AE) puideron disfrutar dun recital poético que nos ofreceu o "Círculo Poético Ourensano" con motivo do encontro de poetas que tivo lugar na cidade de Ourense durante os días 5-7 outubro.
Agradeceémoslle a súa presenza a Pablo e Fran que souberon chegar ao fondo do corazón dos nosos nenos coas súas fermosas palabras.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 20-10-2013 21:47
BENVIDA AO CURSO 2013-14
Xa remataron as vacacións e é hora de voltar ás clases.
Este ano esperamos realizar un montón de proxectos na biblioteca.
Queremos contar con todos vós e animámosvos a participar nas seguintes actividades:

1. CLUB DE LECTURA PARA 1º e 2º CICLO da ESO.

2. TERTULIAS LITERARIAS para 4º ESO e 1º BAC

3. TALLER DE TEATRO INTERXERACIONAL

4. RADIO

5. RECITAIS, ENCONTROS CON ESCRITORES E TODAS AQUELAS QUE VÓS
QUEIRADES FACER CON NÓS...


Se queredes consultar as Lecturas Obrigatorias propostas polos departamentos de Lingua Española e Lingua Galega podedes facelo a través da nosa páxina web consultando as seccións correspondentes.
FELIZ CURSO
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 20-10-2013 21:43
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0