BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

SEMANA DA BIBLIOTECA: VISITA A CELANOVA
O alumnado de 4º ESO realizou o pasado día 25 unha visita a Celanova que estaba incluida nas actividades que se organizaron dentro da Semana da Biblioteca.
O itinerario desta visita foi o seguinte:
1. Mosteiro de Celanova, incluida a Biblioteca.
2. Casa dos Poetas
3. Roteiro Literario
4. Xogo literario


O tempo acompañóunos e o alumnado divertíuse moito sobre todo na pesquisa do poema "Longa Noite de Pedra" de Celso Emilio Ferreiro, polos distintos establecementos da vila.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 29-10-2012 07:47
SEMANA DA BIBLIOTECA: FORMACIÓN DE USUARIOS
Como todos os anos, dentro das actividades que organizamos para a "Semana da Biblioteca", incluimos a visita á Biblioteca do alumnado de 1º ESO que chegan novos ao centro.
Á parte de explicarlle o funcionamento da biblioteca, facémoslle entrega do seu "Carné de lector".
Este ano ademáis puideron disfrutar do "lip-rap" que elaboraron o ano pasado os seus compañeiros.
Esperemos que a ilusión coa que veñen ao instituto siga sempre presente.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 29-10-2012 07:44
TALLER DE TEATRO NO IES DE ALLARIZ
Desde o equipo de biblioteca, este ano, imos intentar levar a cabo un "Taller de Teatro" no que participan sobre todos alumnos de 3ºe 4º ESO. Trátase dunha actividade de dinamización cultural que está a ter moi boa acollida entre o noso alumnado.
Dámoslle as grazas a Natalia, a profe que o vai levar a cabo pola súa implicación.

ÁNIMO E A DISFRUTAR
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 29-10-2012 07:40
FEIRA DO LIBRO GALEGO EN ALLARIZ
Os vindeiros 12,13,14 de outubro terá lugar en Allariz a 2ª Feira do Libro Galego.
Haberá actividades para todos os públicos e contaremos entre outros cos escritores Miguel Anxo Fernández e Teresa Moure.
Se queres máis información do programa pincha neste enlace.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 11-10-2012 07:00
RECITAL POÉTICO ANA LEMA
O pasado venres, 5 de outubro, o alumnado de 4º ESO disfrutou dun recital de poesía coa poetisa arxentina ANA LEMA.
A actividade tivo moito éxito xa que o alumnado puido participar de forma activa e houbo un intercambio de impresións coa autora.

Felicidades a todo o alumnado polo seu bo comportamento.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 09-10-2012 14:38
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0