BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

ENCONTRO CON RAMÓN CARIDE
O 28 de outubro estivo no noso centro Ramón Caride, autor de obras como Perigo Vexetal, Ameaza na Antártida, A negrura do Mar e outras moitas...
Nesta ocasión veu presentar a súa obra EXOGAMIA 0.3 que leron os nosos alumnos do club de lectura de 4º ESO.
Tamén lles falou da súa próxima obra que é unha continuación desta: ENDOGAMIA 0.2.
Os alumnos disfrutaron dun taller baseado nas ilustracións do libro e aprenderon moitas cousas de ciencia.

Moitas grazas Ramón.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 30-10-2011 08:53
VISITA DO ALUMNADO DE 1º ESO Á BIBLIOTECA
Os alumnos de 1º ESO, visitaron durante esta semana a nosa biblioteca para coñecer as súas instalacións e tamén para recoller o seu novo CARNÉ DE USUARIO.

Benvidos ao noso centro.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 30-10-2011 08:46
SEMANA DA BIBLIOTECA
Desde o día 24 (Día da Biblioteca) ata o 28 de outubro, no noso centro imos realizar unha serie de actividades para conmemorar o DÍA DA BIBLIOTECA:

1. Exposición dos "Eslogan para a Hora de Ler" realizados polo alumnado do centro.

2. Visita do alumnado de 1º ESO á biblioteca e entrega do carné de usuario por parte da responsable bibliotecaria.

3. Encontro de Ramón Caride co alumnado do club de lectura de 4º ESO para falar da súa obra EXOGAMIA 0.3
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 30-10-2011 08:43
O IES DE ALLARIZ PREMIADO NO OUFF
O 18 de outubro, os alumnos do IES de Allariz, que participaron no "Taller de vídeo" durante o pasado curso, asistiron ao Auditorio de Ourense, acompañados polo seu profe Roxelio, para recoller un premio do público otorgado pola OUFF ESCOLA pola curtametraxe "O abrigo de Marta"

FELICIDADES AOS PREMIADOS E ÁNIMO para seguir traballando neste curso.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 18-10-2011 15:07
EXPOSICIÓN "CARTAS DE AMOR"
Desde o día 23 de setembro ata o 10 de outubro, o alumnado do noso centro puido disfrutar dunha exposición titulada "CARTAS DE AMOR", que a Consellería de Igualdade e Benestar está levando ós centros educativos que o soliciten.
Trátase dunha reflexión ó redor do tema do "Maltrato" que diversos artistas galegos (pintores e escritores) fan dirixíndose ós nosos adolescentes.
No noso centro realizáronse diversas actividades que serán presentadas o vindeiro 25 de novembro para conmemorar o "Día da Non Violencia de Xénero"

Como complemento desta exposición, a biblioteca Nova 33 de Santiago de Compostela prestounos unha serie de libros que xiran ó redor deste tema que estiveron expostos na biblioteca e foron empregados polos profesores e alumnos que o solicitaron.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 15-10-2011 07:47
1 [2]
© by Abertal