|
|
|
VISITA DE ELENA GALLEGO AO CENTRO |
|
O pasado 28 de xaneiro o alumnado de 3º ESO puido disfrutar dun encontró coa autora de Dragal, Elena Gallego.
A visita resultou moi proveitosa e moitos alumnos xa se están animando a ler a obra. |
|
|
|
LUCES DE BOHEMIA NO AUDITORIO |
|
O pasado 25 de xaneiro, o alumnado de 2º de bacharelato e 4º ESO asistiron a una fabulosa representación teatral da obra de Valle-Inclán "Luces de Bohemia" que levou a cabo a compañía "Teatro del Temple" no Auditorio de Ourense.
Esperamos que moitos rapaces puideran disfrutar coma nós. |
|
|
|
VISITA DE ELENA GALLEGO AO IES ALLARIZ |
|
O día 28 de xaneiro, visitará o noso centro a escritora Elena Gallego, que nos presentará o primeiro libro da súa triloxía "Dragal".
O encontró coa autora terá lugar na biblioteca do centro ás 11:30 e nel participarán os alumnos de 3º ESO A/B que teñen este libro como lectura obrigatoria na materia de Lingua Galega.
Espero que todos disfrutedes desta actividade |
|
|
|
PRETERTULIA NA BIBLIOTECA |
|
O pasado luns, 21 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato que van participar nas "Tertulias Literarias" en castelán sobre a obra de Rosa Montero, "Lágrimas en la lluvia", reuníronse na biblioteca coas súas profes Dolores e María para comentar o que lles parecerá a obra. Tamén se lles proxectou un vídeo que está neste blog con información sobre a obra para que puidesen completar os seus comentarios.
Animádevos a ler a obra. Seguro que vos engancha. |
|
|
|
VISITA DE LIMAN BOISHA AO CENTRO |
|
O vindeiro 28 de xaneiro, dentro das actividades que se van a organizar para conmemorar o Día da Paz, inclúese a presentación do libro "Rito de Jaima" que se levará a cabo no noso centro para o alumnado de 2º de Bacharelato.
Contaremos co autor, Liman Boisha que á parte de falarnos do libro, tamén explicará en qué consiste o Proxecto Bubisher.
O martes, 29 de xaneiro e promovido pola libraría "Aira das Letras" e a "Fundación Vicente Risco" o autor fará tamén a presentación do libro para a xente da nosa, no local de dita Fundación ás 20:00 horas.
Animámosvos a todos a asistir. |
|
|
|
|
|
|