BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

CARLOS VILA SEXTO NAS TERTULIAS LITERARIAS
O pasado, 28 de xaneiro, o noso alumnado asistiu, xunto con outros centros da provincia, a unha actividade que organiza o concello: "Tertulias Literarias".
Neste caso, a obra escollida foi "As sete mortes" de Carlos Vila Sexto.
Foi un día verdadeiramente agradable, non só porque tivemos oportunidade de compartir esta experiencia senón tamén porque coñecer ao autor foi unha verdadeira sorpresa.
Eu non me imaxinaba unha persoa tan próxima. Deleitounos coas súas palabras e soubo responder moi ben ás múltiples preguntas que lle formularon os alumnos.

Grazas, desde aquí á organización, ao alumnado e profesorado que participou e, por suposto, ao autor que creo que deixou unha fonda pegada nesta xente moza.
OPINAMOS... (1) - Categoría: Actividades - Publica: 29-01-2011 16:06
REUNIÓN CLUB DE LECTURA DE PROFES
Onte, 25 de xaneiro, reunímonos na "chocolatería Cándido" de Ourense o grupo de profesores que formamos parte do club de lectura do noso centro. Por diversas circunstancias, non puideron vir todos. Esperemos que nas seguintes reunións o poidan facer.
Este ano, intentamos facer un club un pouco peculiar. Tratouse de achegarnos a un autor, a partir da lectura de distintas obras súas. O primeiro escollido foi MARIO VARGAS LLOSA, recente Premio Nobel de Literatura.
Aínda que ao principio nos parecía unha tarefa difícil,pola diversidade das obras, a experiencia resultou marabillosa e moi productiva. Cada un de nós comentou a obra que leu, enriquecendo deste xeito a visión do resto.
Non podemos esquecer o traballo da coordinadora, Mª Luisa Pérez Arocas, que nos embelesou coa súa exposición, facendo uso dun dos recursos empregados e aplaudidos polo propio autor como é a arte de "Contar" como instrumento transformador.
Iso logrou a nosa coordinadora, foinos dando unha visión do autor moi completa que se ía enriquecendo cos comentarios dos distintos membros do grupo.

Falamos de obras como "La ciudad y los perros", "Lituma en los Andes", "Pantaleón y las visitadoras", "La fiesta del Chivo", "La guerra del fin del mundo"," El elogio de la madrastra", "Las mil noches y una noche", "La tentación de lo imposible" (ensaio maravilloso)...
De seguro que moitos de nós continuaremos lendo cousas deste autor e afondando na súa obra.

En definitiva, foi unha tarde moi agradable na que disfrutamos da boa literatura e da boa compañía.

Seguiremos con esta iniciativa de achegarnos ao autor a través da lectura de varias obras.
Na seguinte reunión trataremos unha figura excepcional como é JOSÉ SARAMAGO.
OPINAMOS... (1) - Categoría: Actividades - Publica: 26-01-2011 07:52
RENOVACIÓN DA AXUDA DO CLUB DE LECTURA
Nestas datas saiu a resolución das axudas para os club de lectura.
O noso centro está incluido de novo na listaxe de centros que gozan destas axudas, que resultan tan importantes para poder seguir realizando actividades como a participación nas tertulias literarias, intercambios de clubs de lecturas...
Grazas por confiar no noso traballo.

Un saúdo
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 06-01-2011 16:56
REUNION CLUB DE LECTURA DE PROFES
O vindeiro 18 de xaneiro, os integrantes do club de lectura de profes do noso centro reunirémonos para comentar a obra de Mario Vargas Llosa, premio Nobel de Literatura.
Falaremos de toda a súa obra en conxunto. Farémolo ao redor dun bo café ou chocolate con churros. Aínda está por determinar o lugar e a hora.
Benvidos ao novo ano que esperamos que veña cargados de moitas cousas boas.

A coordinadora
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 06-01-2011 16:53
TERTULIAS LITERARIAS
O vindeiro 28 de xaneiro, alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato acudirán ás tertulias literarias que organiza o concello de Ourense.
Nesta ocasión a obra escollida é As sete Mortes de Carlos Vila Sexto
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 06-01-2011 16:41
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0