BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

CARNÉS DE USUARIO
Como cada ano, a comezo de curso, a responsable da biblioteca, fai entrega no 1º trimestre dos carnés de usuario ao alumnado de 1º ESO e o profesorado que chega novo ao centro.
Esta actividade faise durante unha titoría e serve tamén para realizar a formación de usuarios para que coñezan o funcionamento da biblioteca.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 21-11-2017 22:37
CLUB DE LECTURA DE 1º CICLO
Este ano, o club de lectura de 1º ciclo é moi numeroso.
A primeira reunión fixérona na biblioteca e realizaron unha actividade lúdica que consistía na confección duns marcapáxinas con lemas en galego.
O libro que se traballou neste nivel é "Chamádeme Simbad" de Francisco Castro, relacionado coa temática dos "Nosos Maiores", tema sobre o que imos traballar neste curso desde a Biblioteca.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 21-11-2017 21:48
VISITA A EXPOSICIÓN DE XABIER VARELA
Na nosa vila, na Fundación Vicente Risco, un artista da vila, fixo unha exposición da súa obra pictórica baseada na obra do autor "O porco de pé".
O noso alumnado de 3º de ESO e tamén doutros cursos tiveron a oportunidade de visitala.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 21-11-2017 21:42
SAMAÍN 2017
Neste o curso, o EDL, organizou varias actividades interesantes e divertidas nas que se implicaron moitos profesores e alumnos.

1. Adorno das portas de cada aula con motivos relacionados co Samáin e cun lema en galego.

2. Adorno da Biblioteca e exposición de libros de temática relacionada co medo.

3. Concurso de "Cabazas" e "Sobremesas"

4. Lectura de "Microrrelatos de medo" na biblioteca durante os recreos dos días 30 e 31 de outubro.

Foi todo un éxito.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 21-11-2017 21:34
SEMANA DA BIBLIOTECA
Este ano, o Día da Biblioteca, organizamos unha exposición sobre a revista do noso centro, "O PREGOEIRO".
O motivo deste exposición é que pretendemos voltar a retomar o traballo que se realizou ao longo de 25 anos no noso centro, editando unha revista na que participaron alumnos, profes...
Adaptándonos aos novos tempos e en coordinación co EDL, imos tratar de crear un Equipo de Colaboradores para facer unha revista "Dixital" que continúe representando a nosa comunidade educativa.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 21-11-2017 21:28
[1] ... [7] [8] [9] 10 [11] [12] [13] ... [73]
© by Abertal