BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

"MATRIARCAS" de GUADI GALEGO
O día 1 de decembro, coincidindo coa celebración do Día da SIDA, o noso profesor de música, Daniel, en coordinación co seu alumnado, fixeron unha preciosa homenaxe as mullleres, cantando unha emotiva canción durante o 2º recreo: "Matriarcas" de Guadi Galego

Ademais, alumnas de diversos cursos expuxeron unhas pancartas que elaboraron durante esta semana, coa axuda da profesora de plástica, Basilisa Álvarez.

OPINAMOS... (1) - Categoría: Actividades - Publica: 01-12-2017 20:07
TERTULIA LITERARIA EN ALLARIZ
O día 29 de novembro, celebráronse as Tertulias Literarias en Allariz. Este ano a obra elixida foi "A ferida no vento" de Antón Riveiro Coello.

A estas tertulias acudiron alumnos de varios centros do contorno de Allariz: IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia, IES Carlos Casares de Viana do Bolo, IES Otero Pedraio e Universidade Laboral de Ourense.

A actividade foi un éxito total.
OPINAMOS... (1) - Categoría: Actividades - Publica: 01-12-2017 20:05
OBRA TEATRAL: "CANDO VALENTINA ERA MALA·"
O día 27 de novembro, o alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato, asistiron a unha representación teatral "Cando Valentina era mala" organizado polo grupo das "Silvardeiras", na Casa da Cultura de Allariz.

Esta actividade, complementa outras que se están levando a cabo no centro con motivo da celebración o día 25 de novembro do "Día en contra da violencia de xénero".
OPINAMOS... (1) - Categoría: Actividades - Publica: 01-12-2017 20:04
DÍA 25 DE NOVEMBRO: EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
No noso centro, organizáronse varias actividades con motivo da celebración o día 25 de novembro do Día en contra a violencia de xénero:

1.Día 20: o alumnado de 3º ESO A e 1º de Bacharelato asistiron a un obradoiro sobre o BO TRATO que foi impartido pola técnica de igualdade do concello de Allari, Ana, na Biblioteca do noso centro.

2. Os días 28 e 29 o alumnado de 3º ESO B e 4º ESO A e B asitirán tamén a outros obradoiros sobre o tema.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 21-11-2017 23:26
XXX CONGRESO DE ENCIGA EN ALLARIZ
Os días 16, 17 e 18 de novembro, celebrouse en Allariz o XXX Congreso de ENCIGA.
A organizadora do evento foi a nosa directora Rosa, xunto cun equipo de colaboradores que fixeron posible que durante 3 días se falase de ciencia no noso centro, coincidindo co "Mes da Ciencia en galego" que se celebra durante o Mes de Novembro nas Bibliotecas Escolares.
A nosa biblioteca tamén participou desta actividades, facendo unha exposición de libros de temática científica.
Ademais realizáronse outras exposicións de traballos feitos polo alumnado en distintas materias (Herbario, cogomelos...) que se colocaron nos corredores do centro.
Os auténticos protagonistas foron o noso alumnado de 2º e 1º de bacharelato que traballaron durante os tres días con entusiasmo.
Foi un éxito e para o noso centro un orgullo que se escollese a nosa vila e o noso centro para celebrar esta actividade.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 21-11-2017 22:47
© by Abertal