|
|
|
|
DÍA DA BIBLIOTECA |
|
Para conmemorar o Día da Biblioteca, no I.E.S. de Allariz organizáronse varias actividades:
O día 23 de outubro, os alumnos de 4º de ESO e 3º Diversificación, visitaron a Biblioteca Social INTEGRATEX da vila para ver unha exposición "Vidas Hilvanadas" sobre a inmigración:
Posteriormente á visita, fíxose na biblioteca unha exposición dos traballos realizados polo alumnado sobre a "Emigración e Inmigración".
O día 24 de outubro os alumnos de 1º ESO asistiron a un obradoiro de 50 minutos de ?Graffiti e letras?,a cargo do ilustrador Anxo Fariñas, que se inclúe nun programa de Animación á lectura organizado por distintas editoriais (neste caso é A Nosa Terra) en colaboración cos concellos galegos coa finalidade de dinamizar o uso do galego desde unha perspectiva creativa.
|
|
|
|
Dia da Paz |
|
O pasado 30 de xaneiro, celebrouse o Día da Paz, no ies de Allariz con varias actividades.
O alumnado de 4º da Eso realizaron unha serie de traballos sobre os persoeiros aos que se lle concederan premios Nobel da Paz. Os carteis elaborados puxéronse ao longo dos corredores tal como figuran nestas imaxes:
Tamén algúns alumnos elaboraron unha serie de mensaxes que colocaron nas ventás da biblioteca, tal como se pode ver nestas imaxes:
|
|
|
|
Próxima Campaña de Lectura de Nadal |
|
Lembrade que como todos os anos, cando chegan estas datas, realizamos no mes de decembro, antes das vacacións, unha "Campaña de Lectura" dirixida a todos os membros da comunidade escolar
Imos expor as novidades máis importantes dos últimos libros en galego e castelán chegados ao centro. Tamén faremos unha pequena exposición de "Vídeos" e "DVD" dos fondos da biblioteca...
Este ano, ademais da lectura queremos contarcoas vosas críticas e as vosas suxestións de obras que vos gustaran e que lles recomendariades aos vosos amigos. |
|
|
|
|
|
|
|
|