BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

ENCONTRO CON INMA LOPEZ SILVA
Onte, 21 de decembro, no IES de Allariz, contamos coa escritora Inma López Silva que lle veu falar aos alumnos de 2º de Bacharelato da súa obra, en particular de Memoria das cidades sen luz.
Os rapaces quedaron encantados xa que é unha persoa moi nova e ademáis amosouse moi cercana. Realizáronlle moitas preguntas acerca da súa traxectoria literaria e tamén da súa vida.
OPINAMOS... (1) - Categoría: Actividades - Publica: 22-12-2009 08:37
VISITA DE INMA LÓPEZ SILVA
O vindeiro luns, 21 de decembro, visitará o noso centro Inma López Silva, autora entre outras obras de Memoria da cidade sen luz.
O alumnado de 2º de bacharelato, que ten xa lida a citada obra, encontrarase coa autora na BIBLIOTECA do noso centro.
Esperamos que ela se sinta agusto connós.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 14-12-2009 17:03
DÍA DA DISCAPACIDADE
O pasado 3 de decembro, celebrouse o Día da Discapacidade.
Os alumnos de 4º de ESO do noso centro asistiron a unha sesión de Videoforum na Biblioteca Social INTEGRATEX para ver o documental "CANTOS RODADOS".
A experiencia resultou moi enriquecedora xa que por un momento fomos capaces de reflexionar sobre o valor que poden ter certas cousas que facemos habitualmente e ás que non lle damos importancia...
Aquí podedes ver ao noso alumnado atento ao documental:
OPINAMOS... (1) - Categoría: Actividades - Publica: 14-12-2009 16:58
25 de NOVEMBRO
O pasado 25 de Novembro celebrouse o Día da Violencia de Xénero.
No noso centro o alumnado de 2º ESO e 4º ESO elaboraron uns carteis de denuncia que se colocaron polos corredores.
Bo traballo! A ver se nos imos concienciando!
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 27-11-2009 09:47
VISITA DO CLUB DE LECTURA DO X.FERRO COUSELO A ALLARIZ
O pasado venres, 30 de outubro un grupo de alumnos de 1º ESO foron convidados a asistir a un taller de animación á lectura a cargo do escritor e debuxante Anxo Fariñas que tivo lugar no noso centro. Logo, o alumnado de 2º ESO (AE) realizou un roteiro por Allariz, visitando os lugares máis importantes da vila: Casa da Mocidade, Convento das Clarisas, Biblioteca Social, Muíño do Burato, A Ponte de Vilanova, O Hotel AC Vila de Allariz, O Museo do Coiro..., como se pode ver nesta imaxe:
Ademáis realizaron Un roteiro por allariz
View more presentations from mscidoute.
target=_blank class=tEnlac>presentación
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 03-11-2009 12:00
© by Abertal