BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

A BIBLIOTECA ESCOLAR NO PARLAMENTO
O día 11 de maio o conselleiro de Educación presentou no Parlamento de Galicia o denominado PLAN LÍA2010-2015 de Bibliotecas Escolares: Lectura, Información e Aprendizaxe.
.
Neste enlace podedes acceder a toda a información:
OPINAMOS... (0) - Categoría: Novidades - Publica: 13-05-2010 14:17
VISITA DE UXÍO NOVONEYRA (FILLO)
O pasado 12 de maio e aproveitando a actividade do intercambio cun instituto portugués, tivemos a oportunidade de coñecer a fondo a figura do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, a través dunha charla que nos ofreceu o seu fillo, Uxío.
A verdade é que fomos privilexiados xa que escoitar a vida e obra do autor, contada polo seu propio fillo é algo especial que non se pode dicir con palabras.
Grazas Uxío por estes intres tan fermosos que compartiches con nós, contándonos anécdotas vividas co teu pai e recitándonos tan ben eses poemas que te marcaron ao longo da túa vida.

OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 12-05-2010 23:06
INTERCAMBIO CUN INSTITUTO PORTUGUÉS
O día 12 de Maio, realizamos unha actividade que resultou moi positiva e atractiva para o noso alumnado que consistiu nun intercambio cun instituto de Portugal. Pasamos o día xuntos e o vindeiro 14 de maio, os nosos alumnos irán a Vila Verde, a pasar tamén o día.
Os alumnos dos 2 centros fixeron moi boas migas e puidemos demostrar unha vez máis as "afinidades culturais" que unen aos 2 pobos.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 12-05-2010 22:59
LETRAS GALEGAS 2010
Algúns alumnos do noso centro elaboraron carteis sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano Uxío Novoneyra.
Ademáis colocáronse nos corredores do centro outros carteis sobre este autor:
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 12-05-2010 22:55
OS MAIOS EN ALLARIZ
O pasado 30 de abril, o alumnado de secundaria e primaria participaron na tradicional "Festa dos Maios" que se celebrou na vila desde as 11:30 ata a 13:00.
Cada grupo presentou o seu maio e tamén as "Coplas" que elaboraron coa axudas dos seus mestres e mestras.
O noso centro acadou 2 premios: o 1º premio para as Coplas e o 2º premio para un dos Maios.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 04-05-2010 16:42
© by Abertal