|
|
|
ENCONTRO CON CRISTINA C.POMBO |
|
O día 26 de abril, o alumnado de 3º ESO tiveron un encontro coa escritora ourensá Cristina C.Pombo, que veu presentar a súa obra La caricia de la bestia.
A escritora acompañou ao alumnado e profesorado na visita que se fixo con motivo do Día do Libro á libraría "Maruxairas" e o espazo "Ben Común".
Finalmente, impartiulle un "obradoiro de escritura creativa" ao alumnado de 2º ESO AE na materia de Lingua Española, nun fermoso lugar da vila, despois de ir visitar as instalacións do "Festival de Xardíns".
Foi unha xornada moi aproveitada. |
|
|
|
INTERCAMBIO CON MALPICA DE BERGANTIÑOS |
|
O día 25 de abril, o alumnado de 3º ESO recibiron aos alumnos do IES Lugris Freire de Malpica de Bergantiños con quen realizaron unha actividade de intercambio na materia de L. Galega.
Despois de recibilos no salón de actos agasallándoos cun cravo con motivo da celebración este día da "Revolución dos cravos" en Portugal, puideron disfrutar dunha visita compartida polos lugares máis emblemáticos da vila para, finalmente, compartir unha comida nunha das paraxes máis fermosas de Allariz: Acearrica.
|
|
|
|
ENCONTRO CON SANTIAGO JAUREGUIZAR |
|
O día 24 de abril, o alumnado de 2º ESO tivo o encontro co escritor Santiago Jaureguizar que lles falou da obra que traballaron no 3º trimestre >A boca do inferno
|
|
|
|
23 ABRIL DÍA DO LIBRO |
|
No noso centro este ano dedicamos a semana do 23 ao 27 de abril a realizar actividades para conmemrorar o Día do Libro
1. 23 abril: Exposición de libros antigos na Biblioteca e traballos elaborados polo alumnado.
2. Visita da libraría de 2º man "Maruxairas" e o espazo "Ben Común" durante toda a semana nas horas de titorías.
3. Encontro co escritor Santiago Jaureguizar que lles falou ao alumnado de 2º ESO da súa obra A boca do inferno.
4. Encontro coa escritora ourensá Cristina C.Pombo que lles falou ao alumnado de 3º ESO da súa obra La Caricia de la Bestia.
Foi unha semana chea de emocións literarias. |
|
|
|
|
|
O día 20 de abril, o alumnado do club de lectura de 1º e 2º ESO puideron disfrutar dunha xornada lúdica, acompañados das súas profesoras Olga, Carme e María, como recompensa ao traballo realizado durante o curso.
A xornada comezou cunha comida campestre á beira do Museo do Coiro, que resultou moi agradable pola boa temperatura. Logo, foron de visita ao Museo da Moda, onde ademais de aprender a historia do tecido en Allariz, puideron convertirse en "modelos" por un día, desfilando na pasarela. Finalmente, e despois, de disfrutar duns sabrosos xelados, asistiron a un obradoiro de Maxia con Mago Víctor Noir na Casa da Cultura. |
|
|
|
|
|
|