BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

CHARLA CUN MESTRE XUBILADO
O día 25 de maio, e dentro das actividades que se organizaron no noso centro con motivo do Concurso de relato e debuxo "Falando de Solidariedade" que organiza o CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, o alumnado de 3º ESO e 1º de bacharelato asistiron a unha charla que impartiu un mestre xubilado da vila que ten 2 netos no instituto e que estaban nos grupos seleccionados.
Este mestre faloulles aos rapaces de como era a escola nos seus tempos. Ademais tanto a presentación como a despedida da actividade fixérona os seus 2 netos, polo que resultou moi emotiva.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 10-06-2018 09:24
REPRESENTACIÓN TEATRAL "ANAGNÓRISE"
O día 18 de maio, o alumnado de 3º e 4º de ESO, asistiron a unha representación teatral da obra de Mª Victoria Moreno, Anagnórise que leron durante este trimestre na materia de L.Galega como lectura obrigatoria.
Esta actividade foi compartida con outro centro do contorno: o IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 10-06-2018 09:20
LETRAS GALEGAS: HOMENAXE A MANUELA PROFE DE GALEGO
Este ano na Semana das Letras Galegas, ademais de homenaxear a Mª Victoria Moreno, fixemos no noso centro un homenaxe moi emotivo no que participaron alumnos, profesores a unha excompañeira, profesora de galego, que faleceu recentemente: Manuela Ribeiro Cascudo.
Ademais, o noso lema foi "A muller nas artes" e un grupo de alumnas fixo unha pancarta con figuras femininas que destacaron en distintos eidos da vida artística.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 10-06-2018 09:17
TERTULIA LITERARIA EN CASTELÁN
O día 3 de maio, algúns alumnos de 3º ESO , 1º de bacharelato e 2º de bacharelato, asistiron a unha tertulia literaria en castelán sobre a obra de Ray Loriga "Rendición" no Liceo de Ourense.
Contaron ademais coa presenza do autor.
Foi unha xornada moi enriquecedora.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 10-06-2018 09:11
XORNADA DE COOPERACIÓN INTERXERACIONAL
O día 26 de abril, algúns alumnos de 3º ESO, acompañadas da responsable da biblioteca, acudiron ao centro de día de Allariz para compartir uns "Xogos cooperativos" cos maiores
Foi unha xornada moi divertida e instructiva no que a convivencia das 2 xeracións resultou ademais de moi agradable, moi emotiva.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 10-06-2018 09:06
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [73]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0