|
|
|
INTERCAMBIO CON MALPICA DE BERGANTIÑOS |
|
O día 4 de xuño, o noso centro foi a Malpica de Bergantiños para realizar un intercambio co instituto que viñera o 25 de abril ao noso centro.
Organizáronse distintas actividades moi interesante:
1. Visita da lonxa e do porto onde puideron ver distintos tipos de embarcacións e tamén o traballo das "redeiras".
2. Visita á Cofradía de pescadores onde hai unha colección do pintor coruñés Lugris Freire.
3. Comida e xogos compartidos na praia.
4. Visita ao Faro de Punta Nariga, desde o que se poden ver as Illas Sisargas.
Foi un día marabilloso no que o tempo nos acompañou e puidemos disfrutar tanto profesores como alumnos dunha xornada estupenda. |
|
|
|
DÍA DO MEDIO AMBIENTE (5 XUÑO) |
|
Este ano, organizouse unha actividade compartida entre primaria e secundaria para conmemorar o día do medioambiente.
Neste caso, 2 profesores do IES fixeron unha charla e un obradoiro cos nenos do colexio CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía.
Os materiais empregados para realizar o obradoiro foron traballados no noso centro polo noso alumnado (pintura de neumáticos) |
|
|
|
FESTA DO BOI |
|
Durante a semana do 26 de xuño ao 3 de xuño, o alumnado e profesorado do noso centro participa nas actividades de tipo cultural que se organizan ao redor desta festa:
1. Procesión do "Xan de Arzúa" (27 maio)
2. "Boicreques" (30 de xuño). Este ano fíxose unha actuación para os maiores da Residencia de Anciáns e do Centro de Día de Allariz.
3. "Pistaboi" |
|
|
|
ROTEIRO DO BOI |
|
Este ano a "Festa do Boi" na que participa alumnado e profesorado do noso centro celebrouse desde o 26 ata o 1 de xuño de 2018.
Na semana previa á festa, organizouse desde a Biblioteca e a través das titorías distintos roteiros (hitórico, industrial...) relacionadas coa festa e que permiten aprender cousas da historia da nosa vila.
|
|
|
|
V CONCURSO "FALANDO DE SOLIDARIEDADE" |
|
O día 25 de maio, organizouse en Xunqueira de Ambía a entrega de premios do V Concurso de relato e debuxo "Falando de Solidariedade" que este ano tivo como tema: "O respecto aos maiores".
Organizáronse varias actividades ao longo do curso nos 3 centros que participan (CEIP Padre Feijoo, CEIP Padre Crespo e IES de Allariz) ademais doutros centros do contorno com o IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia.
O día 25, previamente á entrega de premios, tamén se desenvolveron varias actividades nas que participaron os alumnos:
1. Exposición de obxectos antigos representativos de oficios tradicionais.
2. Obradoiros de oficios tradicionais (cesteiros, oleiros, canteiros...)
3. Obradoiro "Castrexos".
4. Actuacións musicais do alumnado de 2º de ESO.
5. Recitais de poemas a cargo dun poeta da zona chamado Camilo que ten 90 anos e dun alumno do noso centro Noe.
6. Actuación de Milucha, que ten un grupo de teatro de persoas xubiladas en ourense chamado "El Cercano".
Foi un día inesquecible a pesar de que non acompañou o tempo. Nesta xornada participou proferado representante dos 3 centros escolares. |
|
|
|
|
|
|