|
|
|
TERTULIA LITERARIA EN ALLARIZ |
|
O día 27 de novembro, realizouse a Tertulia de Allariz, á que asistiron varios centros do contorno, como todos os anos (IES Cidade de Antioquía, IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, IES Carlos Casares de Viana do Bolo, Universidade Laboral, IES Aquis Querquenis de Bande...).
A obra elixida foi "Senlleiras" de Antía Yáñez.
Participaron alumnos de 4º ESO e 1º de bacharelato.
Fíxose unha tertulia presencial e unha radiofónica.
Ademais a autora, veu visitar pola mañá o noso centro para presentar o seu libro ao alumnado de 2º de bacharelato que o tiveron como lectura obrigatoria no 2º trimestre. |
|
|
|
RECITAL DE POEMAS GRUPO DE TEATRO |
|
Neste curso, levouse a cabo un "obradoiro" de teatro.
A 1ª actuación foi un recital de poemas en contra da violencia de xénero o día 26 de novembro, na Casa de Cultura de Allariz e asistíu todo o centro.
Foi unha actividade moi emotiva e que supuxo o punto de arranque dun grupo que traballou moito ao longo do curso. |
|
|
|
DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO |
|
Como todos os anos, no noso centro realízanse actividades para condenar a "violencia de xénero".
1.Exposición temática de libros na biblioteca relacionada coa ?violencia de xénero?.
2. Concurso de debuxos e curtametraxes.
3.Debut ?Grupo de Tetro?, día 26 de novembro cun recital de poemas en contra da Violencia de xénero.
4.Encontro con Antía Yáñez que presentou a súa obra ?Senlleiras? e deu unha charla sobre o tema.
|
|
|
|
SEMANA DA BIBLIOTECA E SAMAÍN |
|
Como todos os anos queremos celebrar estas 2 datas conmemorativa de xeito conxunto.
Para iso, na semana do 31 de Outubro realizamos varias actividades:
1.Concurso de ?Cabazas? e exposición de libros de "terror" na Biblioteca.
2.Lectura de Microrrelatos de?Medo? elaborados polo alumnado para a participación no concurso de Microrrelatos de literatura fantástica organizado pola libraría ?Aira das Letras? durante o mes de novembro
. |
|
|
|
BENVIDOS CURSO 2018-2019 |
|
Comeza un novo curso escolar.
Seguindo o Lema da Biblioteca Escolar deste ano: "Biblioteca Escolar, POÉTICAS DIVERSAS"
ANIMÁMOSVOS A QUE PARTICIPEDES nas nosas actividades:
1. CLUB DE LECTURA
2. TERTULIAS LITERARIAS
3. VIAXES LITERARIAS
4. OBRADOIROS DE ANIMACIÓN Á LECTURA
5. EXPOSICIÓNS....
E MOITAS MÁIS....
BENVIDO/AS A TODO/A |
|
|
|
|
|
|