BiBlioTeCa IES Allariz

 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE

IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

Semana Artístico-Cultural (27-31 Maio)
Neste curso realizamos un Proxecto Integrado de Centro "As bolboretas da Memoria" partindo do "Festival de Xardíns" que este ano ten como temática "O Cine".
Desde os centros escolares partiuse da película "A lingua das bolboretas" de J.L. Cuerda que está baseada no libro Que me queres amor? de Manuel Rivas e fíxose un traballo interdisciplinar sobre "A educación e os mestres" que se foi diversificando ao longo do curso en distintas actividades e finalizou no mes de maio cunha serie de actividades que se poden agrupar do seguinte xeito:
1. Día 21: Charla con Valentín Bóveda (neto de Alexandre Bóveda) e José Luis Bouzas sobre a historia de mestres e persoas que sufriron represión na ditadura de Franco.

2. Día 28 de Maio: Roteiro literario sobre "A lingua das bolboretas" e "Encontro con Manuel Rivas".

3. Día 31 de Maio: "Entrega de Premios do Concurso "Falando de Solidariedade" que este ano tiña como tema "A educación".

Foi unha semana intensa e moi produtiva.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 02-07-2019 09:57

OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 02-07-2019 09:54
VIAXE LITERARIA A SALAMANCA-ÁVILA
Desde a Biblioteca organizouse unha viaxe literaria como premio ao labor realizado polo grupo de teatro e o alumnado do club de lectura de 3º ESO, Salamanca e Ávila, partindo dun roteiro elaborado pola directora do grupo de teatro na que se leron textos durante o traxecto do bus e tamén nos lugares que iamos visitar (Horto de Calisto e Melibea, Casa de Santa Teresa de Jesús, ponte do Lazarillo....).
O profesorado que acompañou nesta viaxe foron os responsables do grupo de teatro e tamén os coordinadores dos distintos clubs de lectura, xunto coa responsable da biblioteca.
Salamanca: Visita da catedral, Torres de Clerecía, Horto de Calisto e Melibea, ponte de Lazarillo, Universidade Pontificia (aulas de Fray Luis de León, Unamuno, Confesionario de Santa Teresa…)
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 02-07-2019 09:40
17 de Maio Letras Galegas
Este ano, no noso centro, o Día das Letras Galegas, dedicado a Antón Fraguas, celebrámolo realizando unha actividade que está relacionado co labor de etnógrafo do autor.
Quixemos representar unha danza típica de Allariz, que o alumnado de 6º de primaria acostuma a bailar na “Procesión do Xan de Arzúa” durante a Festa do Boi e tamén nas festas patronais de San Bieito en Xullo. Trátase da “Marcha do entrenzado de Allariz”.
O alumnado de 1º de ESO, previamente ensaiados por unha profesora de primaria, e acompañados dun gaiteiro da vila e doutros alumnus que tocaron o tambor e a pandeireta interpretaron a peza.
Ademais léronse textos da vida e obra de Antón Fraguas. Esta actividade realizouse o día 21 de maio, no patio do centro e nela participaron todos os alumnus da ESO.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 02-07-2019 09:36
DÍA DOS MAIOS
En Allariz, celébranse os "Maios", festa tradicional na que o alumnado, coordinado polo profesorado compón "coplas" e realiza un maio que logo é exposto na Praza Maior, xunto cos maios do colexio de primaria e doutros entidades da vila.
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 02-07-2019 09:33
© by Abertal