|
|
|
|
Protocolo para o préstamo e a devolución de libros, 2020-2021 |
|
Por desgraza, o COVID fai necesario que a Biblioteca do Ies de Allariz mude os seus hábitos. Non a podemos empregar como sala de lectura, nin podemos manter o acceso directo aos materiais, polo perigo de contaxio. Por iso, este curso cambiamos tamén a maneira de facer o préstamo de libros. Aquí van as instrucións:
- Non podemos acceder aos libros directamente, así que podemos empregar o catálogo en liña desde a seguinte dirección: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=OED019
Tés acceso máis abaixo, nunha ligazón
- Solicitamos os libros que necesitemos no correo biblioteca@iesallariz.gal
Tamén tés ligazón máis abaixo
Enviamos un correo, identificándonos con nome e clase, ou co número do carné, expresando qué é o que queremos recoller.
- Podemos ter ata tres libros á vez.
- O prazo de devolución este curso é de 21 días, que podemos renovar se non hai atranco. Se queremos renovar o prazo do libro, enviamos outro correo á biblioteca.
- Non podemos ir á Biblioteca cando nos apeteza, porque se emprega como aula. Os préstamos só teñen lugar no recreo, e en quendas por nivel:
LUNS Bacharelato (1º e 2º)
MARTES 1º ESO
MÉRCORES 2º ESO
XOVES 3º ESO
VENRES 4º ESO
Acode cando lle toque ao teu grupo.
- A entrada á biblioteca é pola porta de emerxencia, recolle os teus libros e pasa pola mesa de xestión.
- Ensina o teu carné, e o préstamo está feito.
A gozar coa lectura! |
|
|
|
Atrévete, e comenta! |
|
|
|
|