|
|
|
|
Semana Artístico-Cultural (27-31 Maio) |
|
Neste curso realizamos un Proxecto Integrado de Centro "As bolboretas da Memoria" partindo do "Festival de Xardíns" que este ano ten como temática "O Cine".
Desde os centros escolares partiuse da película "A lingua das bolboretas" de J.L. Cuerda que está baseada no libro Que me queres amor? de Manuel Rivas e fíxose un traballo interdisciplinar sobre "A educación e os mestres" que se foi diversificando ao longo do curso en distintas actividades e finalizou no mes de maio cunha serie de actividades que se poden agrupar do seguinte xeito:
1. Día 21: Charla con Valentín Bóveda (neto de Alexandre Bóveda) e José Luis Bouzas sobre a historia de mestres e persoas que sufriron represión na ditadura de Franco.
2. Día 28 de Maio: Roteiro literario sobre "A lingua das bolboretas" e "Encontro con Manuel Rivas".
3. Día 31 de Maio: "Entrega de Premios do Concurso "Falando de Solidariedade" que este ano tiña como tema "A educación".
Foi unha semana intensa e moi produtiva. |
|
|
|
Atrévete, e comenta! |
|
|
|
|