|
|
|
|
17 de Maio Letras Galegas |
|
Este ano, no noso centro, o Día das Letras Galegas, dedicado a Antón Fraguas, celebrámolo realizando unha actividade que está relacionado co labor de etnógrafo do autor.
Quixemos representar unha danza típica de Allariz, que o alumnado de 6º de primaria acostuma a bailar na ?Procesión do Xan de Arzúa? durante a Festa do Boi e tamén nas festas patronais de San Bieito en Xullo. Trátase da ?Marcha do entrenzado de Allariz?.
O alumnado de 1º de ESO, previamente ensaiados por unha profesora de primaria, e acompañados dun gaiteiro da vila e doutros alumnus que tocaron o tambor e a pandeireta interpretaron a peza.
Ademais léronse textos da vida e obra de Antón Fraguas. Esta actividade realizouse o día 21 de maio, no patio do centro e nela participaron todos os alumnus da ESO.
|
|
|
|
Atrévete, e comenta! |
|
|
|
|